Prebenxamíns. Numancia, 3 - Cariño, 0
Seguen as vitorias
Vitoria do Numancia fronte ao Cariño no partido aprazado no seu momento por problemas de saúde dos de Ortegal. Ao descanso chegouse co resultado final de 3 a 0.
Prados Vellos. 08/12/09
Xogaron de inicio polo Numancia: Adrián; Cristina, Mario Martínez, Diego; Juan, Martín e Mario García. Tamén interviñeron: Isma, Migui, Pablo Cartelle e Raúl Nogueras.
Goles: Juan, Mario García e Isma.
Bo encontro dos locais ante un rival que acusou o dispor de só un cambio. O conxunto local dispuxo de moitas oportunidades, sobre todo por parte de Migui, pero o bo labor dos visitantes onde destacou o seu porteiro impediron unha derrota máis avultada. Tamén dispuxo o Cariño dalgunha ocasión e quizais mereceu obter o premio de marcar o gol da honra.