Prebenxamíns. Numancia, 4 - E.F.Racing, 5
Emoción, goles e bo fútbol na matinal do sábado en Prados Vellos.
Na liga local prebenxamín o encontro entre o Numancia e a Escola de Fútbol do Racig de Ferrol rematou con vitoria visitante por 4 a 5. No descanso o resultado era favorable ós ferroláns por 1 a 3.
Prados Vellos. 31/11/09
Xogaron polo Numancia de inicio: Adrián; Mario Martínez, Alberto, Xan, Pablo García, Juan e Mario García. Tamén participaron no encontro Cristina, Cristian, Raúl Martínez, Samuel e Matthew.
Goles: Juan (2), Pablo García (2)
No primeiro tempo con vento en contra o Numancia veu como a súa meta era batida ata en tres ocasións, a pesar dos intentos por acurtar distancias só foi posible anotar nunha ocasión, sería Juan ó transformar un penalti. Con 1 a 3 chegouse ó descanso.
Na segunda metade dos novos tantos visitantes fixeron que os tres novos tantos locais non chegaran para obter algo positivo neste encontro. En este periodo o Numancia xogou ainda mellor que na primeira parte e só a falta de acerto cara a gol e as boas intervencións do meta racinguista permitiron a victoria visitante.
A destacar a emoción coa que se chegou ós minutos derradeiros donde unha xogada local levou por duas veces o balón ó longueiro da meta ferrolán. Nesta xogado, primeiro Pablo García e despois Juan estrelaron no traveseiro os respectivos disparos.
En resumo, un bo encontro con goles e emoción que quizás debeu de rematar en empate para premiar a ambos equipos polo esforzo realizado.