PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A”, 7 – MIÑO, 4.
FINIQUITADO NOS MINUTOS FINAIS
Vitoria dos prebenxamíns “A” por sete a catro fronte o Miño en partido xogado na maña do pasado sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a 20ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de catro a tres.
Ares, 25 de abril de 2015
FICHA TÉCNICA
NUMANCIA “A”: Marcos, David, Xerar (C), Hugo, Iker, Isma, Dani e Ángel. Tamén xogaron Lucas e Aketx.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
MIÑO: Roberto, Alex, Rubén, Ricardo, Víctor, Antón (C), Murilo e Raúl. Bruno, Carlos, Adrián e Pablo.
Adestrador: Pablo Filgueiras Sánchez.
Delegado: Francisco Salido Domínguez.
ARBITRO: Alejandro Méndez Bouza. Sen incidencias.
GOLES:
1 - 0 HUGO (min. 2), balón en profundidade de Ángel para Hugo quen lle gaña a partida aos defensas para marcar de disparo raso e axustado ao pau.
2 - 0: ANGEL (min. 5), disparo dende o lateral esquerdo da área de Isma que rexeita o porteiro, o balón queda morto na área, Ángel adiántase a todos e marca a porta baleira.
3 - 0: XERAR (min.11), de libre directo.
3 - 1: MURILO (min. 15), roubo de balón dos visitantes no círculo central, pase en longo para Murilo quen queda só fronte a Marcos para batelo por arriba.
4 - 1: HUGO (min. 17), balón na liña de fondo que disputan Hugo e o porteiro local, finalmente Hugo gaña a partida, abrese cara ao centro e marca de disparo cruzado.
4 - 2: MURILO (min. 18), rexeitamento de Marcos que dá en Murilo quen queda co balón para marcar de disparo raso.
4 - 3: MURILO (min. 19), saque do centro do campo dos de Ares, Murillo faise co balón e en xogada individual bate a Marcos.
5 - 3: ISMA (min. 32), saque do porteiro visitante que intercepta Akeitx para deixar o balón próximo ao bordo da área dende onde marca Isma de forte disparo.
5 - 4: MURILO (min. 40), balón que rexeita a defensa local e que chega a Murilo para marcar dende a frotal.
6 - 4: HUGO (min. 47), saque de banda de Aketx sobre Isma, éste intérnase ata alcanzar a liña de fondo e pon un pase ao corazón da área que remata Hugo.
7 - 4: HUGO (min. 49), falta que colga Isma á área e que remata Hugo próximo ao punto de penalti.
Partido que pronto se poñería de cara para os intereses locais quenes nos dez primeiros minutos poñianse cun parcial de 3 - 0. Reaccionaba o Miño e o seu xogador máis determinante Murilo acurtaba distancias (3 - 1), que pronto se encargaba Hugo de volver establecer (4 - 1). Nos minutos finais un inspirado Murilo con dous goles consecutivos apertaba o marcador ata o 4 - 3 co que se chegaba ao descanso.
Na reanudación toma e daca, Isma poñía o 5 - 3 e de novo Murilo co cuarto de sua conta particular recortaba ao 5 - 4. Nos minutos finais golpe de efecto dos de Ares e dous goles case consecutivos de Hugo deixaban o resultado no 7 - 4 definitivo.
En resumo gran partido dos dous equipos que ofreceron minutos de alternancia no control de xogo e no que ningún dos dous lle perdeu a cara malia a igualdade no marcador ao longo do partido.
O próximo fin de semana os prebenxamíns “A” do Numancia xogarán a domicilio fronte o CD As Pontes en O Poboado.
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.