PREBENXAMINS “B”. CARIÑO. 1 – NUMANCIA “B” 3.
BO COMEZO DE ANO
Partido correspondente á 6ª xornada da 2ª fase da liga local prebenxamin no seu grupo 2º, disputado na maña do sábado no Municipal de Cariño entre o equipo local e o Numancia “B” que finalizou con vitoria aresana por 1 – 3. Ao descanso o resultado era de 0 - 2.
Cariño 10 de xaneiro de 2015.
FICHA TECNICA
CARIÑO: Hugo, Marcos, Luís, Andrés, Alex, Alejandro (C), Anxo e Asier. Tamén xogaron Unai, Xoel, Daniel e Adrián.
Adestrador: Javier Balado Ramonde.
Delegado: Isaac Mendoza Paz.
NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Cristián, Mateo Martínez (C), Luís, Mateo García, Alejandro e Papa Omar. Tamén xogaron Sergio e Rubén
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
ARBITRO: Cristián Santos González. Sen incidencias.
GOLES
Cariño: Alejandro.
Numancia: Alejandro (2) e Papa Omar.
Rematadas as vacacións de Nadal volvía de novo a alegría do fútbol aos campos de ferrolterra. O equipo prebenxamín "B" do Numancia afrontaba o desprazamento máis longo da temporada. O pasado sábado tocaba madrugar un pouquiño para iniciar a viaxe cara a terras orteganas, onde os de Ares disputarían o primeiro partido do 2015 fronte ao C.D. Cariño.
Comezaba ben o partido para o Numancia posto que aos poucos minutos do inicio se adiantaban por medio de Alejandro. O partido tivo moita intensidade. Os de Ares no primeiro período levaron o peso do encontro ante un Cariño que pouco se achegou pola meta aresana. Antes do descanso un novo gol dos de Ares, marcado por Papa Omar poñía o marcador no 0 - 2 co que se chegaba ao descanso.
Na segunda metade foi o Cariño o que levou o peso do partido, creando boas ocasións, pero o meta Oscar respondeu con boas paradas abortando as ocasións locais. A dez minutos do final unha contra conducida por Alejandro finalizaba no terceiro tanto aresano. A un minuto do final, outro Alejandro, nesta ocasión o do Cariño, marcaba o gol local que deixaba o resultado no definitivo 1 - 3.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.