PREBENXAMINS. NUMANCIA, 3 - MIÑO, 4.
MAGNÍFICO PARTIDO DE AMBOS EQUIPOS
Partido correspondiente a 10ª xornada da Liga prebenxamín grupo 2º, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 28 de febreiro de 2014.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas (C), Iker, Ángel, David Vilasánchez, Axel e Hugo. Tamén xogaron: David Allegue, Aketx, Isma, Xerar e Sergio Feal.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
AD MIÑO: Xoel, Ricardo, Víctor, Antón, Samuel, Juan, Javier e Hugo. Tamén xogaron Roberto, Alejandro e Pablo.
Adestrador: Miguel Villadóniga Miramontes.
Delegado: Juan F. Salido Dominguez.
COLEXIADO: D. Brais Ferreiro Vérez. Sen incidencias.
GOLES: David Vilasánchez (2) e Hugo no Numancia. Javier (3) e Víctor no AD Miño.
CRÓNICA:
Comezaba a segunda volta da Liga Prebenxamín grupo 2º. Numancia e Miño volvían a verse as caras. Non decepcionou o partido que tivo tantos goles, emoción e alternativas como o da primeira volta.
Na primeira parte os primeiros 15 minutos do Numancia foron maravillosos. Fútbol combinativo, boas xogadas e varias ocasións de gol. Como premio a ese gran comezo o marcador era de 3 – 0 os 15 minutos de partido. Co paso do tempo o Miño recuperaba terreo e conseguía o 3 – 1antes do descanso de falta directa.
Nada mais comezar a segunda metade, o Miño anotaba o 3 – 2 na xogada de saque de centro. No segundo tempo, o maior físico, empuxe e acerto dos visitantes valeulles para remontar o partido e conseguir a vitoria por 3 – 4 ante un inocente Numancia que tivo tamén ocasións de levarse o encontro nos últimos minutos. Non poido ser e os tres puntos viaxaron ata Miño.
En definitiva, gran partido de prebenxamíns o que nos ofreceron na tarde do venres Numancia e Miño. Felicitar a todos os nenos participantes polo bo nivel amosado e o conxunto do AD Miño pola vitoria conseguida.
Agora toca coller unhas pequenas vacacións para disfrutar destos días de Entroido.
A vindeira cita do Numancia prebenxamín sera o próximo fin de semana ante o SRD Ánimas nas instalacións de A Gándara en Ferrol.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
¡¡AUPA NUMANCIA¡¡