PREBENXAMÍNS. PORTUARIOS, 1 - NUMANCIA, 7.
VITORIA PASADA POR AUGA
Partido correspondente a 6ª xornada de liga prebenxamín no seu Grupo 2º disputado na tarde do venres entre os equipos do Portuarios e do Numancia nas instalacións de A Gándara.
A Gándara 25 de xaneiro de 2013.
ALIÑACIONS
PORTUARIOS: Diego, David, Manuel, Alfonso, Bachir, Sergio, Daniel, Antón, Rodolfo e Bruno.
NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Marquitos, Carlos, Iván, Brais, Aaron, Davicito e Hugo.
COLEXIADO: Felipe Romero Filgueira.
GOLES:
0 – 1: Davicito (min. 3).
0 – 2: Iván (min. 8).
0 – 3: Iván (min. 15).
1 – 3: Daniel (min. 18).
1 – 4: Marquitos (min. 21).
1 – 5: Marquitos (min. 24).
1 – 6: Manu (min. 35).
1 – 7: Marquitos (min. 42).
Partido disputado nunha tarde pasada por auga que faría a práctica do fútbol un pouco complicada. En canto ao partido refírese tería o dominio déste o conxunto numantino que sería o que marcaría o ritmo de xogo en todo momento. Ao descanso chegouse co resultado de 1 - 5 a favor dos de Ares. Xa no segundo período o Numancia faría subir dous novos goles ao marcador o que botaría o resultado final de Portuarios 1 - Numancia 7.