PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 10 - CEDEIRA, 1.
TRES DE TRES
Vitoria contundente dos prebenxamíns ante o Cedeira
Ares, 30 de outubro do 2010.
ALINIACIONS:
Numancia: Diego León, Martín, Xan, Sergio, Pablo, Samuel, Isma, Cristina, Oliveira, Miguel, Diego Fernández e David.
Cedeira: Elías, Diego, Raúl, Pablo García, Marcos, Vicente, Pedro, Alfonso, Nuno, Mathias, Pablo Sousa e Daniel.
COLEXIADO: Cristián Santos González.
GOLES:
Numancia: Oliveira (6), Isma (2), Samu e Diego Fernández.
Mañá desapracible en Prados Vellos para a práctica do fútbol e na que os rapaces a parte do balón tiveron que lidar co vento e a auga, que só nos minutos finais deulles unha pequena tregua. Os de Ares recibían ao Cedeira, un equipo con moitos xogadores de primeiro ano, aínda que con moita ilusión e ganas de facernos gozar do futbol, pero que finalmente se viu superado pola eficacia do equipo local.
Aos poucos minutos de iniciado o encontro o Numancia poñía terra de por medio no marcador, ante un Cedeira que ante o acoso numantino rematou encerrado na súa propia área onde os goles foron caendo un tras outro, para irnos ao descanso con 6 - 1 a favor dos de Ares. A segunda metade o conxunto numantino aproveitona para dar minutos aos xogadores de primeiro ano polo que se puido ver un encontro máis igualado, para finalizar o partido co coñecido resultado de 10 - 1. Os visitantes conseguirían o gol da honra dun precioso e preciso libre directo, preto do pico do área, ante o que Diego nada puido facer.
Dar os parabéns aos rapaces pola súa entrega e o seu traballo, pois ademais da madruga, tamén tiveron que facer fronte ás adversidades climatolóxicas.
Agora a seguir traballando nos adestramentos semanais, a proxima xornada toca visitar O Cadaval onde nos enfrontaremos ao Narón, un equipo dos da parte alta da táboa. Encontro que a priori preséntase como unha boa pedra de toque.