AFACO.
ACTIVIDADES DA AFACO PARA O MES DE XUÑO
Calendario dos actos deportivos e homenaxes programados pola AFACO para o mes de xuño como peche da tempada 2009 - 2010.
Sábado 5 nas PONTES (O Poboado) ás 16:45 horas partido dun combinado infantil da AFACO contra o Deportivo da Coruña. E ás 18:00 horas combinado cadete da AFACO contra o Deportivo da Coruña.
Sábado 5 en CARANZA ás 19:00 horas partido de despedida do San Pablo.
Sábado 12 no MUNICIPAL DE NEDA ás 19:00 horas partidos homenaxe aos campións de liga alevíns (Meirás e Perlío) contra unha selección alevín da AFACO e á vez xogarase un triangular feminino entre o Meirás, Ortigueira e Cariño.
Sábado 19 ás 19:00 horas final xuvenil do Trofeo AFACO.
O campo para a final de xuvenís decidirase dependendo de que equipos cheguen á mesma xa que se fará por proximidade sendo da seguinte forma:
NUMANCIA - EUME (Xogarase en Barallobre)
CEBARCA - AS PONTES (Xogarase en Moeche)
CEBARCA ou AS PONTES - EUME ou NUMANCIA (Xogarase en Meirás)
Domingo 20 en CABANAS ás 19:00 horas partido homenaxe ao Eume xuvenil enfrontándose a un combinado da AFACO.
E finalmente como peche definitivo da tempada, o domingo 27 en PERLIO (Os Pinares):
Ás 18:00 horas partido entre un combinado de 3ª Autonómica contra un combinado do Mandiá e Rosalía como homenaxe a estes equipos polo seu ascenso a 2ª Autonómica.
E ás 20:00 horas partido entre un combinado de 2ª Autonómica contra o Perlío como homenaxe a este equipo polo titulo de liga acadado.
En definitiva, brillante peche de tempada preparado pola AFACO nuns encontros que servirán para unir á gran familia futboleira desta comarca.