LOTARÍA DE NADAL
68374: PREMIADO COA DEVOLUCIÓN
Un ano máis a lotaría de Nadal tivo un xesto co Numancia e aínda que non dá para celebrar unha festa, polo menos poderemos recuperar algúns euros.
A xunta directiva do Numancia informa que os décimos están depositados en Caixa Galicia e que, á espera duns trámites coa entidade financeira, aqueles que desexen cobrar as súas participacións deberán agardar uns días, pois é necesario resolver unhas xestións para determinar o sistema de pago.
Proximamente comunicaremos o procedemento para poder cobrar a devolución das participacións.