SOCIOS MÁIS ANTIGOS
OS SEIS SOCIOS DE OURO
Neste ano no que celebramos o 80º aniversario do Numancia, resulta inexcusable lembrar a aquelas persoas que desde os primeiros momentos estiveron traballando pola SDR NUMANCIA e continuaron ao seu lado durante moitos anos. Todo o que poidamos dicir será pouco comparado cos méritos acadados grazas á súa dedicación e colaboración.
En consecuencia, a xunta directiva actual decidiu renderlles unha pequena homenaxe (estamos pendentes da confirmación de datas) como recoñecemento e agradecemento, comezando polos socios que xa levan 50 anos renovando o seu carné.
Estes SOCIOS DE OURO son:
1º: D. Juan Antonio Ares Leira, socio desde o 12 de maio de 1946 (proximamente publicaremos unha entrevista realizada estes días)
2º D. Remigio Fernández Prieto, socio desde o 1 de xaneiro de 1948
3º D. Fernando Iglesias Bujones, alta do 1 de setembro de 1953
4º D. Jesús Torrente Alvarellos, alta desde o 1 de xullo de 1955
5º D. Rafael Mesías Vázquez, alta do 1 de agosto de 1958
6º D. Domingo Franco Rodríguez, alta do 16 de maio de 1959
Actualmente a SDR Numancia conta con 280 socios, salientando entre as últimas altas, dúas que están domiciliadas en Madrid e Barcelona. Desde esta web animamos a todos os simpatizantes que aínda non son socios a que se sumen á familia numantina.