Equipo feminino do 1970
Homenaxe ás mulleres do equipo feminino de 1970
O vindeiro domingo 26 de xaneiro, con motivo do encontro de afeccionados, entre a ADR Numancia de Ares e a SDC Galicia de Mugardos 'B' a disputar en Prados Vellos, rendiremos unha pequena homenaxe a un grupo de mulleres que no ano 1970 decidiron formar un equipo feminino.
As rapazas tomaron tal decisión de formar un equipo e xogar un partido contra "as de Pontedeume", co obxectivo de racadar fondos para axudar ó noso club.
Acta do 29 de xullo de 1970:“un grupo de rapazas da localidade se ofrecen para xogar un partido contra as de Pontedeume, aceptándose a proposta”. Balbina, Loli, Ana, Fina, Poldinita, Currina, Macamen, Pitita, Paca, Ángela e Ángeles
Iniciativas como esta deben ser destacadas e recoñecidas, razón pola que decidíuse facer esta homenaxe. Aproveitaremos a ocasión para agradecer o esforzo e traballo de todas as persoas que ó longo destes 90 anos fixeron posible que o Numancia siga existindo e competindo en todas as categoría.
Grazas a todos.
Somos Numan
Forza Numancia