SORTEO COPA DE FERROLTERRA - AFICIONADOS
O NUMANCIA RECIBIRÁ AO ADC A CAPELA NA ELIMINATORIA PREVIA
O pasado martes 12 de Marzo tivo lugar no local da Delegación de Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol o sorteo da Copa de Ferrolterra de Aficionados 2018 -2019.
Como na temporada pasada, o noso equipo terá que xogar unha das eliminatorias previas. Será o 12 de Maio en Prados Vellos ante o ADC A Capela. O vencedor desta eliminatoria previa, xogará o 19 de Maio como local ante o San Mateo CF. Desta forma, o vencedor do partido Numancia ou ADC Capela - San Mateo CF recibirá no seu terreo de xogo nos Octavos de Final ao Cultural Maniños, un dos equipos da Primeira Galicia que se incorpora á Copa nesa ronda da mesma. Polo tanto, o Numancia buscará superar en Prados Vellos ao ADC Capela e ao San Mateo CF para poder xogar un bonito derbi en Prados Vellos ante o Cultural Maniños a partido único. A bo seguro, que A Capela e San Mateo serán rivais duros que farán tamén todo o posible por chegar aos Oitavos de Final. A sorte está botada....
AUPA NUMANCIA