Inicio Noticias Xerais RÁPIDO DE NEDA 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 1
 
 

RÁPIDO DE NEDA 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 1

ADR Numancia de AresUN PUNTO DE IMPOTENCIA

Partido correspondiente a 8ª xornada de Liga do grupo principal da Segunda Galicia, disputado na tarde do domingo no Municipal de Neda.

 

Neda, 20 de Xaneiro de 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Óscar, Teti, Juan, Julio, Iván Pivo, Espiñeira, Alex Pita, Chapu e Ángel. Tamén xogaron: Fran Ripas, Pablo Ferro, Carlos Vázquez e Martín.

UN PUNTO DE IMPOTENCIA  Partido correspondiente a 8ª xornada de Liga do grupo principal da Segunda Galicia, disputado na tarde do domingo no Municipal de Neda.Domingo con sol e chubascos, un deles arreciou xusto antes do partido entre Neda e Numancia, dos equipos da zona alta que buscaban a vitoria despois de non poder facelo na xornada anterior. O partido comezou moi aberto, chegando os dous equipos con bastante facilidade as áreas contrarias. Ambos conxuntos levaban perigo a balón parado. Pasada a media hora de xogo, chegaba o 0-1 para os nosos. Ángel collía un balón no borde da área nedensa e dende alí lanzaba un forte disparo que se colaba pola escuadra esquerda da portería local. Pouco despois, Iván Pivo cabezeaba alto un centro dun incisivo, Alex Pita. Xusto antes do descanso, os nedenses tiveron unha clara ocasión a balón parado que non aproveitaron, chegándose ao intermedio con vitoria pola mínima para o Numancia.

Na segunda metade saíron mellor os de Neda, que gozaron dunha boa ocasión a que respondeu Kike cunha gran parada. O partido xa non foi tan aberto como na primeira metade, xa que volveuse bronco e as disputas foron gañando protagonismo. O colexiado, Francisco Piñón empregouse a fondo en todas as partes do campo, menos nas áreas, zonas do campo onde non observou ningunha acción punible nin en ataque nin en defensa, para desgracia dos numantinos. No minuto 70, un forte disparo local e rexeitado por Kike, que posteriormente disputa o balón cun xogador local. Kike, coas mans enriba do balón e o xogador local cos pés, nunha loita na que saiu perdendo o noso gardameta (tanto deportiva (perdeu o balón), coma física (levou un bo golpe), caendo finalmente o esférico en posesión do goleador local, Unai que facía o 1-1 sen oposición ningunha. Lástima desa xogadaa "gris oscura" e desafortunada así coma de outras da mesma naturaleza que botaron por terra a vantaxe conseuida polo noso equipo. Para colmo de males nesta segunda metade, Alex Pita era xustamente expulsado no minuto 86, tras recibir a enésima falta e revolverse co rival, polo que os numantinos loitaron cun xogador menos ata o pitido final do señor colexiado.

En definitiva, punto nun campo compricado e ante un bo rival, que soubo a pouco vendo as circunstancias do partido. É ben certo que os nosos non están no mellor momento da temporada, acusando baixas importantes, pero a pesar diso son capaces de competir en todos os campos e ante todos os equipos. Sabemos que é unha Liga moi longa, onde non sempre triunfan os mellores, senón tamén os mais intelixentes. Os nosos seguirán adestando con forza tanto no terreo deportivo como no da intelixencia emocional, para chegar da mellor maneira posible ao partido do próximo domingo ás 16:30 en Prados Vellos, ante o líder sólido da categoría ata ó momento, o CCRD Perlío.

Por último, dende o club queremos agradecer a toda afición que se despraza sempre co equipo, ademais de emprazar a toda a masa social numantina para que o domingo acudan a Prados Vellos a animar ao noso equipo nun importante e difícil partido ante o equipo fenés.

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.