PREVIA DA XORNADA DO 10 DE XUÑO DE 2018
DERBI HISTÓRICO, CO PASE A FINAL DE COPA EN XOGO
O domingo será un día moi especial para a familia do Numancia. Prados Vellos vestirase de gala para acoller un dos mellores partidos da temporada de toda a bisbarra. Por outra parte, varios equipos de fútbol - 8 participarán no Torneo do Rápido de Neda.
MODESTOS: O domingo as 18:30 todo o pobo debe de subir a Prados Vellos. Temos un partido de fútbol, si, pero tamén un acontecimento social. Numancia de Ares e Galicia de Mugardos mídense nunha semifinal de Copa a partido único. Os nosos, chegan despois dun longo camiño, onde eliminaron a Moeche, Cariño, Mandiá e a todo un Eume Deportivo. Pola sua parte os mugardeses, entraron na Copa en Oitavos de Final, e foron quen de eliminar ao Rápido de Neda e ao Galicia de Caranza. Visita Ares o quinto clasificado da Primeira Galicia, que a bo seguro virá acompañado de moitos seguidores mugardeses. Os xogadores do conxunto da Pedreira, son os claros favoritos neste partido. Os nosos rapaces aresáns, non teñen nada que perder neste envite, e buscarán disfrutar ao máximo do partido e ¿por qué non?, intentar dar unha nova sorpresa, como xa fixeron a pasada semana co cuarto clasificado da Primeira Galicia. Para iso, todo o pobo ten que subir a Prados Vellos, animar ao Numancia e formar unha gran Marea Vermella, para en sana convivencia cos seguidores do Galicia de Mugardos, conseguir que este partido, pase o que pase, sexa unha auténtica festa para estas dúas entidades futbolísticas do sur da ría. O domingo, ¡¡¡NON PODES FALTAR¡¡¡
FÚTBOL - 8: Biberóns e benxamíns, participarán o sábado durante todo o día no Torneo "Memorial Nito" que organiza o Rápido de Neda. O domingo, será o turno para os alevíns.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡