VIII Campus do Real Club Celta de Vigo.
OITAVA EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL DO CELTA DE VIGO
· A iniciativa desenvolverase durante cinco días no mes de xullo, do 17 ao 21, en horario matinal todos os días, e ao longo de todo o día, na xornada de clausura do día 21.
· Para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade.
· Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento da Fundación Celta de Vigo e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade. En cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, realizando diversos xogos nos que combinar a aprendizaxe dos aspectos técnicos sen perder de vista o carácter lúdico.
· O prezo é de 130 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.fundacioncelta.com, onde tamén formalizar a inscripción. No caso dos empadroados/as en Ares, xogadores das categorías inferiores do Numancia, e aboados do Celta de Vigo e/ou a Fundación o prezo é de 115 euros.
Documento en pdf có cartaz do VIII Campus do Real Club Celta de Vigo. Ares 2017