COBRO DOS RECIBOS DE SOCIOS
RENOVA UN ANO MÁIS O TEU COMPROMISO CO NUMANCIA
Os recibos de socios da ADR Numancia correspondentes á temporada 2016-17 (non domiciliados en entidade bancaria) están a disposición dos interesados, podendo efectuar o seu pagamento na secretaría do club.
Ares, 8 de outubro de 2016.
Dentro dos orzamentos da ADR Numancia, os ingresos aportados polos socios veñen a constituír unha parte substancial, alcanzando aproximadamente a quinta parte dos mesmos. Por tanto, chegou a hora para a cidadanía de Ares de continuar amosando o seu auténtico compromiso coa entidade, de poder seguir presumindo do sentimento de ser numantino de verdade. Se queremos colaborar e ser parte activa na formación deportiva e social da nosa xuventude e dos nosos nenos, chegou a hora. Renovando o carné de soci@ estás a axudar e sabes que formas parte dun club que acolle a uns 150 rapaces e rapazas que levan un estilo de vida no que o fútbol, ou sexa, o deporte, é unha parte importante no seu día a día.
Finalmente, desde o club solicitamos que os recibos pendentes se retiren antes do 30 de outubro, na medida do posible.