F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. XORNADA FINAL
EQUIPOS CAMPIÓNS: VICTORIA, G. MUGARDOS E AS PONTES.
Ares, 12 de setembro de 2016.
Esta oitava edición do Memorial “Pedro García Vilar” converteuse nunha continuidade da liña establecida na edición anterior no que se refire á participación preferente de equipos da comarca ferrolá, aos que se sumaron dúas entidades provinciais, o Rayo Sadense e o Victoria coruñés. Un total de catorce clubs tiveron representación nas categorías de F-8: Ánimas, As Pontes, Galicia de Caranza, D. Narón, Maniños, Galicia de Mugardos, Neda, Perlío, Portuarios, Rayo Sadense, R. San Pedro, O Val e Victoria, ademais do Numancia, fixeron posible coa súa participación este torneo de F-8.
Ao longo das dúas xornadas tivemos ocasión de contemplar de todo, desde a iniciación dos prebenxamíns neste deporte, ata partidos moi ben xogados e disputados, xa na categoría de benxamíns e, por suposto, na de alevíns.
Por dar conta dos resultados finais, podemos salientar a final disputada na categoría benxamín entre o Galicia de Mugardos e o Numancia, na que houbo que recorrer ao lanzamento de penaltis para coñecer o campión, mentres que nas outras 2 finais os resultados foron máis claros:
- Prebenxamíns:
Final: As Pontes, 3 - Galicia de Mugardos, 0.
3º - 4º posto: Ánimas, 5 – G. Caranza, 2
- Benxamíns:
Final: Numancia, 1 – Galicia de Mugardos, 1 (campión o Mugardos p.p.)
3º - 4º posto: San Pedro, 3 – Neda, 0
- Alevíns:
Final: Victoria, 6 – Numancia, 1.
3º - 4º posto: Ánimas, 3 – G. Mugardos, 3 (Ánimas, 3º, p.p.)
Enlace a todos os resultados do torneo
Enlace á galería fotográfica do torneo
E fóra do ámbito futbolístico, destacariamos o ambiente de “romaría” que se viviu en Prados Vellos coa presenza de pais, nais, avós e demais familia acompañando aos verdadeiros protagonistas da festa do fútbol.
Así mesmo, a ADR Numancia, coma entidade organizadora deste Memorial “Pedro García Vilar”, manifesta o seu agradecemento a todos os clubs que se desprazaron ata Ares, desde directivos ata as familias, e tamén ao persoal que colaborou no desenvolvemento do torneo. Por suposto, temos que salientar tamén a axuda da agrupación de Protección Civil de Ares, regulando o acceso dos automóbiles a Prados Vellos. Todos eles foron fundamentais para a realización do Memorial.
Na entrega das medallas e trofeos participou o concelleiro aresán de deportes, Eugenio Fernández, xunto a directivos da entidade local.
E para rematar, un último agradecemento aos establecementos que se prestaron xenerosamente doando os seus produtos, caso de Supermercados Gadis e Claudio, ou outros como Base Deporte e Ferretería Sar.