CAMPUS CELTA EN ARES, 2016. DÍA 2
CONTINÚA O FÚTBOL CELESTE EN PRADOS VELLOS
No segundo día de Campus, a meteoroloxía favoreceu o normal desenvolvemento das actividades neste Campus. Hoxe contamos cun novo monitor, ...
... Carlos Carro, alcumado "Charlie" que cubriu a baixa de Santi nesta xornada. Charlie, Álex e Lourido, ademais de Martín e Marcelo, do noso equipo xuvenil, levaron á perfección os adestramentos marcados; notouse ademais un gran ambiente, sorrisos nos nenos pequenos e maiores, e sobre todo, moito fútbol. O grupo de Álex, axudado por Marcelo, practicou os pases e o movemento de balón con diversas posesións. O Campus desenvolveuse con normalidade, e houbo diferentes grupos de adestramento: O grupo de Lourido, practicou entre outras cousas, tiros a portería. O grupo de Charlie , axudado por Martín, estivo facendo pequenos partidos con mini-porterías. |
|
Falamos tras o Campus cun dos nosos gardametas da categoría infantil, Nacho.
P: Estache a gustar o Campus ata agora?
|