V GALA DO FÚTBOL DE FERROLTERRA. NOMINADOS
O EQUIPO XUVENIL DO NUMANCIA PRESENTA VARIAS NOMINACIÓNS
Carballeira (adestrador) e Ángel e Carlos (xuvenís) optan aos premios deste ano. Pódese consultar aquí a relación completa de premiados e nominados.
27de maio de 2016
O 10 de xuño o Pazo da Cultura de Narón acollerá unha nova edición da Gala do Futbol de Ferrolterra. Nesta ocasión, o Numancia contará con tres nominacións:
- Mellor adestrador de xuvenís: Miguel Carballeira.
- Mellor xogador xuvenil: Ángel Fernández e Carlos Vázquez.
Ademais recibirá os seguintes premios:
- Campión de xuvenís.
- Máximo goleador de xuvenís: Ángel Fernández.
- Premio extraordinario: Martina Oliveira, como subcampioa galega coa Selección de Ferrol, nas dúas últimas temporadas.