COPAS AFACO. INSCRICIÓN.
O PRAZO REMATA O DOMINGO, 8 DE MAIO.
Os clubs pertencentes á AFACO poden inscribir os seus equipos de infantís, cadetes, xuvenís e categoría feminina para participar nunha nova edición dos torneos AFACO. Tamén se abre un prazo para solicitar a organización das finais.
Ares, 4 de maio de 2016.
A inscrición dos equipos debe efectuarse por escrito, enviando un correo electrónico ao enderezo da AFACO (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
), indicando a categoría e o número de equipos que se desexan anotar. Advírtese que superado o prazo de inscrición (12 da noite do domingo, 8 de maio), non se admitirá ningunha nova solicitude.
A falta de coñecer o número de equipos participantes, a previsión é comezar a fin de semana do 21 de maio coas primeiras eliminatorias. Na fin de semana do 28 de maio xogaríanse as semifinais a un partido único e no campo do primeiro equipo que saia do sorteo.
As finais disputaríanse na seguinte fin de semana, de acordo con esta distribución:
Venres, 3 de xuño:.FINAL INFANTIL.
Sábado 4 de xuño: FINAL CADETES e XUVENÍS.
A categoría feminina comezará a fin de semana do 19 de xuño, disputándose a final o sábado 25 de xuño.
O luns, 9 de maio a Xunta directiva da AFACO asignará as diferentes sés das primeiras eliminatorias.
SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DAS FINAIS.
Os clubs que estean interesados na organización das diferentes finais poderán solicitalo ata o domingo 15 de maio ás doce da noite enviando un correo electrónico á AFACO (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
).
En caso de coincidir varias clubs na solicitude da organización da mesma final, reunirase a Xunta directiva da AFACO para decidir o reparto das sés. Priorizarase o feito de ter o equipo competindo na categoría que solicite.