TORNEO DE FÚTBOL – 8 "VII MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR".
HORARIOS E NORMAS
A próxima fin de semana, ao longo do venres 11 e sábado 12 de setembro celebrarase no campo municipal de Prados Vellos o VII Memorial Pedro García Vilar.
Ares, 7 de setembro de 2015.
No torneo participan un total de catorce clubs: Ánimas, Deportivo Narón, Eume, G. Mugardos, Miño, R. de Neda, Numancia, O Freixo, O Val, Perlío, Portuarios, R. San Pedro, Rayo Sadense e Victoria.
VENRES 11:
En horario de tarde celebraranse os partidos da fase de grupos na categoría de prebenxamíns e benxamíns. Cada unha das categorías está composta por dous grupos de catro equipos segundo a seguinte distribución:
Prebenxamins (Grupo A): Numancia, G. Mugardos, Miño e Ánimas.
Prebenxamins (Grupo B): O Val, R. San Pedro, Deportivo Narón e Portuarios.
Benxamins (Grupo A): Numancia, G. Mugardos, R. de Neda e Pelío.
Benxamíns (Grupo B): Ánimas, O Freixo, O Val e Portuarios.
Os partidos darán comezo ás 16:15 h e finalizarán ás 19:45 h. Terán unha duración dun tempo de 25 minutos.
SABADO 12:
Haberá xornada de mañá e tarde. En horario de mañá celebraranse os partidos da fase de grupos na categoría de prebenxamíns e benxamíns pendentes da xornada do venres. Tamén terá lugar a fase de grupos de categoría alevín a cal está composta por dous grupos de catro equipos cada un coa seguinte distribución:
Alevíns (Grupo A): Numancia, G. Mugardos, Perlío e Eume.
Alevíns (Grupo B): Victoria, O Freixo, R. San Pedro e Rayo sadense..
Os partidos darán comezo ás 09:45 h e finalizarán ás 14:15 h.
E xa en horario de tarde, a partir das 15:45 h, celebrarase a xornada final na que participarán todos os equipos. Cada equipo emparellarase co equipo do outro grupo que obtivese o mesmo posto na clasificación, disputando un partido de dous tempos de 20 m.
PICA AQUÍ para ver o baixar o calendario e as normas do torneo