Inicio Noticias Xerais V TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS.
 
 

V TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS.

NOVA XORNADA DE CONVIVENCIA PEÑISTA

Na soleada e calurosa maña do pasado sábado tivo lugar en Prados Vellos o V Triangular de Peñas Deportivas Aresanas no que participaron a Pena Madridista "O Betanzeiro”, Peña Deportivista Aresana e Peña Barcelonista Aresana; un evento deportivo e social que congregou no campo de fútbol aresán a numerosos aficionados das peñas participantes.
 

Ares, 30 de maio do 2015.

11:30 H.- PEÑA BARCELONISTA, 4 – PEÑA MADRIDISTA 3.

Primeira metade que comezaba con pouco ritmo e cun conxunto blaugrana algo escaso de efectivos polo que os brancos pouco a pouco foron collendo o control do xogo. Aínda así serían os blaugranas os que se adiantarían no marcador no minuto 5 despois dunha internada de Alejandro polo lateral esquerdo da área con pase á banda contraria por onde entra Marcelo para marcar sen oposición. Os madridistas continuaron co control do xogo, e intentaron o empate con disparos afastados pero sen acertar entre os tres paus.

Cando corría o minuto 16, á saída dun córner que despexa a defensa barcelonista, o balón chega aos pés de Dani Cartelle en tres cuartos de campo, regatea a dous defensores ata alcanzar o bordo da área dende onde marca de disparo cruzado para empatar o choque, 1 - 1. Antes do descaso Licho dispoñía dunha boa ocasión para adiantar de novo os cataláns, pero a defensa branca sacaba o balón na mesma liña de gol. Finalmente chegouse ao descaso con empate de 1 - 1.

Na segunda metade os blaugranas recuperaban algúns efectivos, entre eles un tránsfuga deportivista que se unía á causa catalá. ¿Sería como agradecemento a certo resultado de hai algunhas xornadas?. Este fichaxe de última hora foi moi protestado polo adestrador madridista, pero o colexiado dixo que todo era legal, e o partido prosigueu.

Fose como fose, e polo que fose, o caso é que no segundo período o choque estivo máis igualado.

Nesta segunda parte saía máis metida no partido a peña barcelonista dispoñendo de boas ocasións nos primeiros minutos. No minuto 25, Licho arrancaba en xogada individual dende o centro do campo e de disparo cruzado adiantaba aos do Barsa, 2 - 1. O dominio catalán continuo e no 30´ un balón ás costas da defensa branca que caza o tránsfuga deportivista supoñía o terceiro tanto blaugrana, 3 - 1. Reaccionaban os brancos e pouco despois Rafa entrando pola dereita poñía un balón ao segundo pau que Dani Cartelle de volea enviaba ao fondo da rede, 3 - 2.

Continuaron as ocasións en ambas as dúas portaría, o porteiro barcelonista facía dúas boas paradas a disparos de Rafa e Dani, e pola parte branca o gardameta marraba unha ocasión de Marcelo, que Licho posteriormente tampouco acertaba a enviar o fondo da rede.

No minuto 37 subida de Marcelo por banda esquerda que prolonga un pase para a entrada na área do tránsfuga deportivista quen toca lixeiramente coa punteira da bota para marcar o 4 - 2. E non derradeiro minuto do partido Martín aprovéitase dun balón rexeitado na área blaugrana para poñer o definitivo 4 – 3 que daba a vitoria os culés.

A día de hoxe nesta redacción descoñecemos si os madridistas reclamarán ante o Comité de Competición de Xustiza Deportiva por alineación indebida.
 

 



12:30.- PEÑA DEPORTIVISTA, 2 – PENA MADRIDISTA, 1.

Primeira metade moi igualada con escasas oportunidades para ambas as dúas peñas polo que se chegou ao descanso co resultado inicial de empate, 0 - 0. Mesmo no descanso sondamos a opinión dalgún siareiro quen opinaba que o partido estaba pactado.

Nada máis comezar a segunda metade os dous equipos víronse castigados polo colexiado con dous rigorosos penaltis. Adiantábanse os deportivistas por medio do prebenxamín Lucas, pero empataba para os brancos o benxamín Martín tras transformar o seu lanzamento cun golazo por toda a escuadra. Con empate a un tanto nada máis comezar o segundo tempo e con vinte minutos por diante continuaba o partido.

No minuto 32, unha xogada por banda de Antonio con centro á área era rematada por Alex Pérez ao fondo da rede para poñer o 2 - 1 a favor dos deportivistas

Ata o final do partido escasas chegadas a porta por parte dos xogadores das duas peñas, aínda que os madridistas estiveron máis activos que os deportivistas. Das ocasións máis claras rescatamos as seguintes. Por parte madridista, un disparo do benxamín Martín que detiña Pedro Doval. Un disparo de Rafa que marchaba alto. Un disparo frouxo de Dani que detiña de novo Pedro. Un libre directo de Martín Pérez que se iba pegado ao pau. E por parte deportivista, un disparo de Fran Bardanca que marchaba alto. Finamente chegouse ao tempo regulamentario co resultado coñecido de Pena Deportivista 2 - Pena Madridista 1.

 



13:30.- PEÑA DEPORTIVISTA, 5 – PEÑA BARCELONISTA, 5. (Penaltis 9 – 8).

Comezaba a gran final para dirimir o campión deste V Triangular de Peñas Deportivas 2015 e comezaba con ritmo e ocasións para ambas as dúas cores. Primeiro eran os deportivistas os que avisaban cun bo disparo de Lucas que detiña o porteiro non sen algúns apuros. Pero eran os blaugranas os que primeiro facían diana no minuto 5 cun centro á área que Antonio enviaba ao fondo da rede. De seguido oportunidade para os branquiazuis, pero Juanfra non definía diante do porteiro. Os deportivistas non aproveitaban as súas ocasións e quen sí o facía era de novo Antonio quen dun balón ás costas da defensa poñía o 0 - 2 a favor dos culés. Na xogada seguinte acurtaban distancias os deportivistas tras aproveita Juanfra un balón solto na área para marcar de disparo cruzado. Marcador 1 - 2 cando tan só transcorreran 10 minutos de xogo.

As ocasións sucedéronse nunha e outra área, pero de novo volvían ser os blaugranas, e de novo Antonio o que pelexaba un balón con Javi Aneiros para facerse con él e marcar o terceiro tanto cule. 1 - 3 no minuto quince. Reacción branquiazul e na xogada seguinte Juanfra a centro de Antonio marcaba un golazo ao rematar o balón na súa caída para poñer o 2 - 3, resultado co que se chegou ao descanso.

Comezaba a segunda parte con ritmo e ocasións. Licho estrelaba un balón no lateral da rede deportivista e Alex Pérez cruzaba un balón que despexaba o porteiro culé co pé. No minuto 31 Alex Pérez sorprendía cun forte disparo dende a frontal que entraba pegado ao pau para poñer a igualada no marcador, 3 - 3. Catro minutos máis tarde Fran e Licho disputan un balón no círculo central, éste último gana a púgna e de volea marcaba un golazo para adiantar de novo aos culés, 3 - 4. Pouco duraría a alegría dos seguidores cataláns posto que nada máis sacar do centro, Antonio se internaba pola esquerda para poñer un centro ao corazón da área que Alex Pérez envíaba ao fondo da rede sen oposición, empate de novo 4 - 4. A catro minutos do final internada de Antonio na área polo lateral esquerdo para poñer o balón entre o pau e o porteiro, 5 - 4. Nos últimos minutos do partido o equipo culé envorcouse no campo rival e obtivo o premio á súa insistencia na última xogada do partido cun golazo de Alejando que daba paso ao asubío final con empate de 5 - 5.

Co empate técnico houbo que recorrer á quenda dos penaltis para dirimir o campión do Torneo. Lanzáronse un total de nove penas máximas estando máis acertado o equipo branquiazul polo que se facía xusto merecedor do Torneo por segundo ano consecutivo.

 



Logo do acontecemento meramente deportiva os integrantes das Peñas, do Concello de Ares e da SDR Numancia de Ares desprazabanse ata o Mosteiro de Santa Catalina onde agardaba a sección de cociña do Numancia quenes o longo de toda a maña estiveran a organizar todos os preparativos para disfrutar dunha magnifica churrascada acompañada de emparada e ibéricos para repoñer forzas.

No tempo do café chegaban os discursos por parte dos responsables das Peñas, do Numancia e do Concello no que todos coincidían na importancia de mater vivo este evento. Tamén todos facían un recoñecemento especial aos integrantes do equipo de modestos que se sumaron o evento, felicitandós pola gran temporada de liga e polo gran papel que están a facer na Copa Delegación de Ferrol.

Para rematar os actos protocolarios facíase entrega por parte do Concelleiro de Deportes de Ares dun trofeo conmemorativo a todas as Peñas Deportivas e ao Numancia.

Coa música do caraoke e con tertulias arredor dos chupitos remataba unha magnifica xornada de convivencia entre os aficionados ao fútbol do RC Deportivo de A Coruña, FC Barcelona e Real Madrid tendo todos un equipo en común, o ¡¡¡NUMANCIA DE ARES¡¡¡

Dende a SDR Numancia de Ares agradecer a todos os participantes a sua asistencia ao evento. ¡¡¡Ata a próxima edición¡¡¡




Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.