FINAIS COPAS AFACO, E XORNADA DE CONVIVENCIA DE BIBERONS.
SEDES DOS PARTIDOS
Reunida a Xunta Directiva de AFACO no día de onte 7 de maio tomáronse as seguintes decisións:
SEDES FINAIS DE COPA AFACO
Realizado o sorteo entre os diferentes Clubs que solicitaron por escrito organizar as diferentes finais, as sedes serán as seguintes:
INFANTIL: Organizará o Numancia de Ares. Campo Municipal de Prados Vellos.
CADETE: Organizará o CD Cariño. Campo Municipal de Cariño.
XUVENIL: Organizará a UD Cebarca. Campo Municipal Bernardino Breijo.
FEMININO: Organizará o Cultural Maniños, SD. Campo de O Pote.
Recórdase que as finais de categoría Infantil, Cadete e Xuvenil se disputarán o día 6 de xuño.
A final Feminina disputarase o día 27 de xuño.
XORNADA DE CONVIVENCIA DE BIBERÓNS
A última xornada de liga de Biberóns, a coñecida como "Xornada de Convivencia" disputarase o venres 29 de maio en sede aínda por determinar.