V TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS
O sábado, 30 de maio de 2015, celebrarase no campo de fútbol municipal de Prados Vellos o “V Triangular de Peñas Deportivas Aresanas”.
O torneo consistirá nun triangular co seguinte calendario:
A 11:30 H, PEÑA BARCELONISTA – PEÑA MADRIDISTA.
A 12:30 H, PERDEDOR 1º PARTIDO – PEÑA DEPORTIVISTA.
A 13:30 H, GAÑADOR 1º PARTIDO – PEÑA DEPORTIVISTA.
Unha vez rematados os partidos e para repoñer forzas os contendentes darán conta dun xantar de confraternización no propio campo de fútbol. O prezo será de 15 euros por persoa.
O menú constará de: mexillóns, churrasco e sobremesa.
Para calquera dúbida contactar coas correspondentes Peñas ou co Numancia de Ares.
Numancia de Ares: 981448121
A data tope para apuntarse será o luns 25 de maio.