ITV. FIN DE SEMANA DO 27 AO 31 DE MARZO DO 2015.
RAMOS DE GOLES
Marzo despideuse no futbolístico cun domingo de Ramos pletórico para xuvenís e modestos con vitorias e moitos goles. Analizamos o que nos deixou a pasada xornada:
MODESTOS: Gran vitoria en Prados Vellos ante o Estrella CF no día no que o desfibrilador de Prados Vellos presentábase en sociedade grazas as mulleres numantinas. Triunfo do primeiro equipo que se situa na 4ª posición cando restan 3 xornadas por disputarse na Segunda Autonómica. ¡¡¡Qué nos quiten lo bailado¡¡¡
XUVENÍS: Goleada na sesión matinal do domingo ante o Miño no Municipal de Gallamonde. Vitoria para seguir na 2ª posición e para chegar a recta final con todas as opcións intactas.
CADETES: Boa primeira parte dos cadetes en Prados Vellos ante un Narón que conseguiu remontar o partido na segunda metade ante un equipo cadete que tivo que botar man de 5 xogadores do equipo infantil.
INFANTÍS: Desfrutaron de xornada de descanso na Liga Infantil Pizza Movil grupo 4.
FÚTBOL - 8: Os alevíns celebraban unha vitoria en Prados Vellos ante o Rápido de Neda "B". Tamén en Ares os benxamins superaban ao UD Cebarca. O prebenxamín "A" vencía "in extremis" ao Racing San Pedro en A Gándara. O prebenxamín "B" vencía ao CD Cariño en Prados Vellos. Os biberóns xogaban un novo partido da Liga AFACO de fútbol - 8 ante os amigos do AD Miño no Municipal de Gallamonde.
En resumo, unha xornada que nos deixuo moitos goles e boas sensacións antes do parón de Semana Santa. Unha Semana Santa onde os equipos de fútbol - 11 seguirán adestrando e os de fútbol - 8 participarán dende o xoves ata o sábado no III Torneo de Concello de Mugardos de fútbol - 8 nas instalacións de A Pedreira. ¡¡¡Acudide a animalos¡¡¡
O Numancia somos tod@s
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡