ITV. FIN DE SEMANA DO 10 AO 11 DE XANEIRO DE 2015.
BAIXANDO Ó TURRÓN CON VITORIAS IMPORTANTES
Primeira xornada do 2015 para os distintos equipos do Numancia. Unha fin de semana que deixou vitorias importantes nas categorías mais altas e que serviu para que casi todos os equipos volveran a competición. Analizamos:
MODESTOS: Vitoria importante para coller moral e confianza ante o 2º clasificado, o Galicia de Caranza en Prados Vellos. Despois de subir ata o séptimo posto toca unha semana dura de adestramentos antes de visitar ao líder o domingo.
XUVENÍS: Tres puntos importantes ante un dos moitos rivais directos como é o AD Miño en Prados Vellos. Vitoria que permite aos xuvenís manter a terceira praza, moi cerca dos postos que dan acceso a fase de ascenso. Queda moito.
CADETES: Derrota ante o Narón a domicilio nun partido onde os rapaces loitaron ata onde aguantaron as forzar ante un dos equipos fortes da categoría.
INFANTÍS: Caeron de forma abultada en Pontedeume ante o segundo clasificado nun partido onde os locais aproveitaron a debilidade numantina para vencer con moita claridade.
FÚTBOL - 8: Na primeira fin de semana foron os prebenxamíns os que inauguraron 2015 para o fútbol - 8 numantino. O prebenxamín "A" venceu de forma abultada ao Racing San Pedro en Ares no grupo 1. O prebexamín "B" conquistou as terras de Cariño conseguindo vencer aos locais despois dunha longa viaxe. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
En resumo, primeira xornada de 2015 que serviu para ir recuperando pouco a pouco a competición futbolística e para disfrutar coas vitorias dos modestos e dos xuvenís en Prados Vellos.
Dende estas líneas, aproveitamos para mandar dende a familia da SDR Numancia de Ares unha forte aperta a toda a familia do Bemantes CF de veteranos (onde xoga o noso adestrador dos xuvenís, Alex) polo falecemento do seu xogador, Marcos Suárez Rosano a consecuencia dun golpe fortuito no partido da fin de semana.(D.E.P.) ¡¡¡Moito ánimo a tod@s¡¡¡
O Numancia somos tod@s
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡