CESTA DE NADAL 2014.
"3955".
Estas foron as catro últimas cifras do sorteo da ONCE celebrado o pasado venres 19 de decembro de 2014.
O Numancia de Ares obsequiaba o posuidor da rifa premiada co número citado cunha magnifica cesta de Nadal. A persoa agraciada no sorteo foi D. Mario Fernando Cavezza Teijeiro, pai do xogador cadete Pablo Cavezza.
Na tarde de hoxe, nas instalacións de Prados Vellos, o Presidente do Numancia de Ares, Antonio Rodríguez Martínez facía entrega da cesta de Nadal a Mario Fernando, ao que dende aquí damos a nosa noraboa.
Dende o Numancia de Ares queremos agradecer a colaboración das persoas que participaron tanto na venda coma na adquisición das rifas. A todas elas desexamoslles unhas Felices Festas e un Prospero ano 2015.