ITV: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE OUTUBRO DE 2014.
CICLOXÉNESE DE MALOS RESULTADOS
Non sentaron nada ben os primeiros ventos fortes do outono aos diferentes equipos do Numancia. Soamente unha vitoria nos partidos disputados a pasada fin de semana, os cales analizamos a continuación.
MODESTOS: Paso atrás do primeiro equipo numantino. Depois de duas vitorias consecutivas chegou unha derrota en Prados Vellos ante o San Mateo. Toca recuperarse e seguir traballando.
FÚTBOL BASE: Os xuvenís foron a cara da xornada no fútbol base. Sumaron un punto en Prados Vellos ante un dos equipos da cabeza, o Eume Deportivo. Seguen dependendo de sí mesmos para clasificarse para o grupo forte da Liga cando faltan 4 xornadas por disputarse na competición de Copa.
O equipo cadete caeu derrotado en Caranza ante o equipo local. Pese a iso, deron unha lección de compromiso, sacrificio e de saber estar nun terreo de xogo; estando sempre por enriba de todas as circunstancias. Noraboa rapaces.
Os infantís sufriron a primeira derrota da temporada en Caranza ante o equipo local, no duelo de colíderes do grupo A da Copa. Bo partido dos rapaces que non poideron contrarrestar a calidade dos locais.
FÚTBOL - 8: Os alevíns caeron nun disputado partido en A Barqueira ante a UD Cebarca. Os benxamíns derrotaron ao E.F. Cabañas en Prados Vellos. O prebenxamín "A" descansou nesta xornada. O prebenxamín "B" firmou as tablas co Perliío en Prados Vellos. O equipo biberón segue medrando e xogou un novo partido da Liga AFACO en Pontedeume ante o equipo local, con moitos golazos por parte dos dous equipos.
En resumo, foi unha semana bastante negativa en canto a resultados. Non pasa nada. A maquinaria de Prados Vellos funciona a pleno rendimiento esta semana para preparar os partidos da vindeira fin de semana co firme compromiso de todos os xogadores do Numancia de defender ó escudo a morte en todos os partidos. Aos demais soamente nos queda animar. Nunca deixedes de facelo.
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡