Inicio Noticias Xerais Fútbol 7: Torneo de Pontedeume
 
 

Fútbol 7: Torneo de Pontedeume

XIV TORNEO FÚTBOL-7 “VILA DE PONTEDEUME”XIV TORNEO FÚTBOL-7 “VILA DE PONTEDEUME”

Entre o 24 e o 27 de xuño disputouse en Pontedeume este torneo de fútbol base ao que acudiron os nosos prebenxamíns e alevíns.

 

PREBENXAMÍNS: O empate do primeiro partido co Betanzos foi determinante. Despois de ir gañando por 4-2 viron como no último minuto do partido empataba o Betanzos. No segundo partido gañaron comodamente por un 17 – 0 ao Eume B, co que había que esperar o resultado do Betanzos co Eume para coñecer quen se clasificaba. Loxicamente, o Betanzos saiu sabendo os goles que necesitaba e acabou gañando por un 19 – 0 que lle daba o pase.

De todas maneiras, este torneo pon o peche final a unha temporada brillante dos prebenxamíns, tanto a formación A coma a B fixéronnos disfrutar duns magníficos partidos. Felicitar aos seus adestradores, César e Pedro polo estupendo traballo realizado con estes nenos. Tamén debemos agradecer a colaboración de Alberto, Juan e Andrés. Todos eles conformaron un gran equipo de traballo.

ALEVÍNS: Estaban no grupo máis duro. O Narón e o Deportivo B eran dous rivais de gran nivel pero os nosos conseguiron superalos. Para este torneo a convocatoria foi a seguinte: Roberto, Quique, Vero, Martín, Iván, Carlos, Miguel, Marcelo, Alberto, Sergio, e Óscar . Tamén estaba citado Fran pero por problemas físicos non puido participar.

Narón, 2 – Numancia, 5: O primeiro partido acabou cunha clara vitoria do Numancia con goles de Alberto, Carlos, Martín, Miguel e Óscar.

Deportivo B, 0 – Numancia, 1: Neste segundo partido xogábanse as posibilidades de clasificación para as semifinais e desde o primeiro minuto puidemos comprobar que a motivación era moi alta. Fronte a un equipo de xogadores seleccionados e con calidade, os aresáns disputaron todos os balóns coma nos grandes partidos. O gol de Iván ao saque de falta directa puxo o broche a un excelente partido. Todos estiveron a gran altura, pero sobre todo, Martín e Vero, brindaron un partido case perfecto.

Perlío, 1 – Numancia, 4: Partido de semifinais que cos tres goles da primeira parte parecía sentenciado. Martín (2) e Iván cos seus goles conseguiron unha vantaxe que sería suficiente, aínda que o Perlío acurtou distancias e puxo emoción, con varias ocasións para acercarse máis no marcador. O cuarto gol, nunha perfecta definición de Marcelo, pechou esta semifinal.

As Pontes, 2 – Numancia, 1: Bonito encontro para a final. Como indica o resultado, contemplamos un partido moi disputado, onde se puido dar calquera resultado. Adiantouse o equipo pontés nun rápido contraataque que non puido ser detido pola defensa aresá e, cando o Numancia parecía estar cerca do empate, con tres disparos repelidos polos postes, chegou o segundo gol nunha indecisión da defensa. Con este resultado finalizou a primeira parte. A segunda metade continuou cos intentos do Numancia por remontar pero o cansanzo dos partidos disputados, a escasa puntería nos disparos e o bo traballo dos adversarios fixo imposible o empate. Nos últimos minutos, e tras o excelente gol de Iván, producíronse varias ocasións que puideron acabar en gol pero o balón non quería entrar.

Excelente torneo dos alevíns que acabaron nunha segunda posición enfrontándose a equipos de gran categoría.

Desde esta web queremos felicitar publicamente ao Eume pola organización deste torneo e agradecer a súa invitación.

E con este torneo, chegan as vacacións, un descanso ben merecido para uns xogadores que comezaron os adestramentos alá polo mes de agosto. Once meses de fútbol dirixidos por un marabilloso técnico, un adestrador veterán pero que traballou coa ilusión e entrega dun principiante. Colé dedicoulle corpo e alma a estes cativos aos que mimou e cuidou (é certo que ás veces tamén lles soltaba algún berro). Durante todo este tempo fomos observando a progresión futbolística duns nenos (e nenas)que viviron unha intensa temporada. Tamén formaron un grupo de amigos unidos polo deporte. Sería inxusto non agradecer tamén a colaboración de Borja, quen estivo ao lado dos rapaces, axudándolles en todo momento. E por suposto, citar o labor calado pero excepcional dese gran delegado que foi José Antonio. A todos eles, a nosa felicitación polo traballo desenvolvido.

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.