ITV: FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE NOVEMBRO
LUCES E SOMBRAS
Nova fin de semana de competición para os distintos equipos do Numancia. Infantís e cadetes foron o mellor dunha xornada na que xuvenís e modestos non estiveron a altura agardada. Analizamos:
MODESTOS: Novo empate, esta vez na casa ante o G. Mugardos "B" no derbi de rivalidade. Un punto que sabe a pouco xa que soamente se sumaron 2 puntos nos últimos 4 partidos. Haberá que traballar e mellorar as sensacións de cara as vindeiras xornadas.
XUVENÍS: Goleada recibida na casa ante o CD Cariño. Foi un dos peores partidos dos xuvenís nesta temporada. Toca traballar moito e correxir erros para mellorar nos próximos partidos.
CADETES: Vitoria práctica no derbi en Mugardos para seguiir optando a xogar a final de Copa.
INFANTÍS: Rexurdiron das suas cinzas e conseguiron unha valiosa vitora a domicilio ante o Ánimas. Boa imaxe dos infantís nesta fin de semana.
FÚTBOL - 8: Soamente tivemos partido de alevíns. Este fin de semana temos que suspender ó fútbol - 8 xa que o visto na mañá de sábado no partido dos alevíns ante o Rápido de Neda en Prados Vellos non se pareceu en nada ao que se agarda dun partido de categoría educativa e formativa.
BIBERÓNS: Desfrutaron moito na sua primeira experiencia nun terreo de xogo de herba natural. Foi no campo de O Poboado en As Pontes onde os mais pequenos de CD As Pontes e Numancia combatiron ó frío con carreiras cheas de ilusión.
En resumo, xornada de aprobado moi raspado. Luces e sombras; aínda que as sombras como no inverno; son mais intensas que as luces. Toca traballar esta semana en Prados Vellos nos motores e nos cerebros dos distintos equipos para mellorar a imaxe en vindeiras citas.
O xoves faremos a previa do fin de semana; onde desta o Galicia de Caranza - Numancia da 2ª Autonómica na tarde do domingo.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡