CLAUSURA DO FÚTBOL - 8
SORTEO DUNHA PRAZA PARA O CAMPUS DO CELTA
A Fundación Celta de Vigo confirmou a súa colaboración coa festa de clausura do F-8 do Numancia, ofrecendo unha praza gratis para participar no Campus de Verán que organiza en Ares do 8 ao 13 de xullo.
Ares, 3 de xuño de 2013
Esta mesma tarde chegounos a confirmación a través de Hugo Rama, coordenador dos campus da Fundación Celta de Vigo na zona norte. Así pois, este sábado, 8 de xuño, o Numancia sorteará entre os nenos e nenas do club que participen na festa de clausura unha praza para o campus de verán da Fundación Celta de Vigo. Desde o club manifestamos o noso agradecemento ao Celta, e aproveitamos para felicitalo pola súa permanencia na primeira división do fútbol español.