X Torneo de Fútbol “R. C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA”.
O venres, 17 de maio do 2013, celebrarase nos campos de fútbol de Abegondo, o X Torneo fútbol “Real Club Deportivo de La Coruña”, nas categorías de Alevín - 8 e Benxamín - 8.
Ares 7 de maio do 2013.
A ADR Numancia de Ares participa nesta competición nas categorías de alevíns e benxamins. A competición dará comezo ás 10:00 da mañá e ás 20:00 da tarde celebraránse as finais.
Participan, 96 equipos alevíns e 96 benxamíns, pertencentes a 70 clubs de toda a xeografía galega e repartidos en 32 grupos por categoría.
Habilitaranse 20 terreos de xogo que serán numerados do 1 ao 20, neles disputaranse partidos tanto de alevíns como de benxamíns, salvo nos campos 17, 18, 19 e 20 que só se disputarán de benxamíns.
A fase clasificatoria desenvolverase polo sistema de liga a unha volta, pasando a fase final en alevíns e benxamíns os campións de cada un dos 32 grupos. A fase final desenvolverase polo sistema de eliminación directa a un só partido.
O equipo ALEVIN do Numancia está encadrado no Grupo 31, xunto coa SP Meicende “A” e Ural “B”.
O calendario da fase clasificatoria do equipo ALEVIN é o seguinte:
Campo 15 / Numancia – Ural “B” / 11:40 h.
Campo 3 / Numancia – SP Meicende “A” / 13:20 h.
E o equipo BENXAMIN do Numancia está encadrado no Grupo 13, xunto co CCD Cerceda e Oza Juvenil “A”.
O calendario da fase clasificatoria do equipo BENXAMIN é o seguinte:
Campo 9 / Numancia – Oza Juvenil “A” / 12:05 h.
Campo 13 / Numancia – CCD Cerceda / 13:20 h.
Para ver toda a información relacionada co Torneo PICA AQUÍ.