ROSALÍA EN PRADOS VELLOS
RAÚL PEREZ INTERPRETARÁ A "ALBORADA" DE ROSALÍA
Seguindo as suxestións da AELG e da Fundación Rosalía de Castro, mañá, domingo 24 de febreiro, data na que se celebra o aniversario do nacemento da escritora galega, Prados Vellos homenaxeará á autora da primeira obra escrita e publicada integramente na nosa lingua, un libro que marcou a recuperación da literatura galega e que este vindeiro 17 de maio “cumprirá” 150 anos.
Rosalía e os seus “Cantares Gallegos” serán tamén os protagonistas na tarde do domingo a través da música. Poderemos escoitar os poemas rosalianos musicados por Amancio Prada así como ler os seus textos nunha pequena exposición colocada na cantina. Ademais, Raúl Pérez, gaiteiro de Ares, interpretará a “Alborada” de Rosalía durante o descanso do partido entre o Numancia e o Narahío.
web da Fundación Rosalía de Castro
web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega