INTERPRETACIÓN DO HIMNO
A LETRA DO HIMNO
Na tarde de onte, gozamos no local de Prados Vellos dunha extraordinaria actuación da agrupación musical “Proxecto Vocal-Concerto Tempo”, interpretando por primeira vez o novo himno do Numancia, elaborado polo profesor de música e aresán de nacemento, Emilio Mesías Farías.
Ares, 28 de xullo de 2012
Tras unha breve introdución da directiva do Numancia, salientando a importancia histórica que supón para ADR Numancia o feito de poder contar entre os seus elementos definitorios con este magnífico himno, e despois de manifestar a gratitude co autor do mesmo e tamén cos compoñentes de Proxecto Vocal-Concerto Tempo, Emilio Mesías tomou a palabra e foi explicando cada unha das estrofas de que consta esta composición musical, discurso que esperamos ofrecer en próximos días. Mentres tanto, e para que todos os numantinos vaiamos aprendendo o noso himno, facilitamos a súa letra:
Himno ao Numancia
(Letra e Música: Emilio Mesías Farías)
1.- Do Xuncal a Prados Vellos,
unha historia que contar,
a pelota que nos une
xa non deixa de rodar.
Siareiros nas bancadas,
deportistas a xogar,
todos xuntos desfrutando
deste encontro fraternal.
Rompe e Racha, Aresano
desta unión nacimos nós,
de vermello a camiseta
no Numancia o corazón
no Numancia o corazón!
2.- Ás mulleres loitadoras
que ao noso club ergueron,
e ós homes que adicaron
o mellor dos seus momentos.
Entonamos este canto
que resoa no areal,
é alento ao noso equipo,
nos partidos; a gañar!
Rompe e Racha, Aresano,
desta unión nacimos nós,
de vermello a camiseta
no Numancia o corazón
no Numancia o corazón!
PD: Axiña poderemos escoitar nesta web a música do himno