CLAUSURA DO FÚTBOL - 7
ROMARÍA EN SANTA CATALINA
Xornada de convivencia e festa popular nas instalación de Santa Catalina que pechará as actividades deportivas para esta temporada no fútbol-7. Este evento terá lugar o sábado, 2 de xuño finalizando o prazo de inscrición unha semana antes, o sábado 26 de maio.
Ares, 20 de maio de 2012
Un ano máis, o Numancia organiza a clausura das escolas municipais o vindeiro sábado, 2 de xuño, no marco incomparable do mosteiro de Santa Catalina. Para ese día intentaremos ofrecer algunhas sorpresas aos nenos.
Nesta ocasión, o menú consistirá en tortilla, empanada, pizza e lacón asado máis a bola de postre. Todo polo prezo de 20 € por familia.
O prazo para apuntarse a este xantar remata o sábado, 26 de maio.