Acto de presentación da nova web do Numancia de Ares
O venres 3 de abril, ás 20.30 h. no local social da SDR Numancia, situado en Prados Vellos, terá lugar a presentación da páxina web do Numancia.
O acto contará coa presenza do sr. alcalde de Ares, a Xunta directiva do Numancia e o director de Comunica, empresa que deseñou e desenvolveu o sitio web.
A páxina web ofrece información sobre a historia do club, dos seus socios, as convocatorias dos partidos e resultados das xornadas, así coma unha galería fotográfica e comentarios dos partidos.
Esta páxina foi deseñada e desenvolvida pola empresa Comunica, con sé en Ferrol e recibiu unha subvención outorgada pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.