REUNIONS INFORMATIVAS PROGRAMA "FENIX".
A partir do 1 de xullo de 2012 implantarase na Federación Galega de Fútbol un programa de xestión integral do fútbol federado on-line, denominado "FÉNIX", achegado e realizado pola Real Federación Española de Fútbol.
Ares 24 de marzo de 2012.
A Real Federación Española de Fútbol pon a disposición da Familia do Fútbol esta plataforma tecnolóxica que lle permitirá realizar todas as operacións administrativas necesarias para a práctica deste deporte.
O primeiro paso consiste en AFILIARSE AO SISTEMA co fin de dispoñer dos datos identificativos persoais e comparalos cos que existen na base de datos da Federación.
Paulatinamente iranse poñendo a disposición dos federados e clubs o resto de ferramentas que lle permitirán realizar a maior parte dos trámites sen necesidade de desprazarse ás Federacións Territoriais.
Por todo isto, convocamos aos pais / nais / ou titores legais dos xogadores de todas as categorías, a unha reunión informativa no campo de fútbol de Prados Vellos, nas datas e horas que se citan.
Nesta reunión explicaráselles que é o Programa "FENIX", e sobre todo e o máis importante, como AFILIARSE AO SISTEMA, requisito fundamental para todos e cada un dos membros que conforman o Numancia de Ares ADR.
As reunións informativas terán lugar nas seguintes datas e horas:
BIBERONS: xoves 29 de marzo, ás 17:30 h.
PREBENXAMINS: martes 27 de marzo, ás 16:30 h.
BENXAMINS: martes 27 de marzo, ás 16:30 h.
ALEVINS: mércores 28 de marzo, ás 17:30 h.
INFANTIS: sábado 31 de marzo, ás 18:15 h.
CADETES: xoves 29 de marzo, ás 20:00 h.
XUVENIS: sábado 31 de marzo, ás 20:00 h.
Para descargar a Guía Práctica para a solicitude de Credenciais de Afiliación PICA AQUI.