Inicio Noticias Xerais PEÑA MADRIDISTA DE ARES
 
 

PEÑA MADRIDISTA DE ARES

 JUAN LÓPEZ, PRESIDENTE: “CANDO NOS PROPUXERON PARTICIPAR NESTE TRIANGULAR, ACEPTAMOS Á PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIROPRIMEIRA”

 Nesta terceira entrega, abordamos a información da peña madridista “Betanzeira” informando de distintos temas relacionados coa súa asociación. Nesta ocasión entrevistamos a Juan López Silvar, o presidente actual da peña.

 Ares, 4 de xaneiro de 2012


En primeiro lugar, conversamos sobre a historia desta asociación.

 

-          Juan, cando se constituiu esta Peña Madridista?PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

-          Foi un seis de maio do 93.

-          E quen foron os socios fundadores?

-          Fun fundador e presidente. Tamén estaban comigo Juan Casteleiro, Álvaro Rivera e Eduardo Salido. Nós fomos a comisión xestora e encargámonos de presentar os estatutos no Goberno Civil, aínda lembro que  a inscripción costará 650 pts.


 

“CONSTITUÍUSE A PEÑA BETANZEIRA EN MAIO DO 93”


 

-          Sempre no local de Franza?

-          Si, estivemos alí, no Estanco de Franza, ata hai aproximadamente un ano que nos viñemos para o Picas. En Franza modificaron o local e agora non hai espazo, buscamos un local máis amplo e Picas, que é madridista e colabora moito coa peña, acolleunos no seu establecemento. Precisamente, co peche estes días do Lar de Picas, estamos pendentes de que o concello nos poida facilitar un local.

-          Por que o nome de “Betanzeiro”?

-          Daquela Buyo, que como todos coñecemos é de Betanzos, xogaba no Madrid e pareceunos adecuado ese nome.

PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

-          Juan, quen te acompaña na xunta directiva actual?

-          A directiva actual está formada por Álvaro Rivera Carballeira (vicepresidente), Josefina López Neira (tesoureira), José luís Martínez Regueiro (secretario) e Tomás Varela Pena, Ana Rañales Martínez, Rafael Mesías Farias coma vogais e eu, Juan López Silvar coma presidente.

-          Contades con moitos socios?

-          Pasamos por momentos baixos. Lembro que no 2002 eramos 84 socios na peña, mentres que agora andaremos polos 36.

-          De onde son os socios?

-          Hai de Ares, de Franza, de Ferrol, de Cabanas, Narón, Mugardos, Neda etc...

-          Supoñemos que ti, como home de fútbol, tamén xogaches, non si?

-          Xoguei no Numancia, no campo vello, cando era xuvenil. Lembro que estaba de adestrador Salido quen nos mandaba correr pola praia de Seselle segundo el dicía para facer pernas. E tamén me adestrou Pacucho.PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

-          Falemos agora das actividades da vosa peña. Cales son as máis relevantes?

-          Podemos comezar polas viaxes. En función dos fondos que haxa, soemos facer dúas viaxes ao ano, unha coma mínimo. A última foi hai pouco, cando xogou no Bernabeu o Madrid co Osasuna. Normalmente imos a Madrid, aínda que se hai partidos en Asturias, aproveitamos para acudir. Noutros tempos viaxabamos en buses de dous pisos. Os fondos económicos sempre condicionan a viaxe. Nesta última a Madrid xuntámonos 24 socios.


 

“PARA ESTE VERÁN INTENTAREMOS XUNTAR A TODAS AS PEÑAS MADRIDISTAS GALEGAS EN ARES” 

-          Coma as outras peñas, vós tamén organizades ceas?

-          Antes de nada, comentar que soemos acudir ás ceas ás que nos invitan outras peñas. Nós levamos uns oito anos celebrando a festa do mexilón, unha festa na que pode participar todo o mundo. Este verán foi a primeira que fixemos en Ares. Tamén organizamos no verán do 2011 o noso 18º aniversario cunha cea no restaurante Bitácora á que acudiu o galego e ex-xogador do Madrid, Benito Rubiñán, así como representantes  doutras peñas.

-          Algunha outra actividade?

-          Pois teño que citar os partidos entre solteiros e casados que xogabamos no campo de Limodre aos que se sumaron as mulleres, de forma que tamén había partidos de casadas contra solteiras, actividade que pretendemos continuar en Ares. Mesmo tiñamos campionatos de dardos, pero agora mesmo temos que resolver o tema do local, estamos nun momento de transición, xusto neste ano no que queremos convocar ás peñas madridistas galegas en Ares. Prevemos poder organizar esa xuntanza durante o verán, posiblemente no mes de xullo e calculamos que acudirán unhas cen peñas.

-          Onde vos xuntades para ver os partidos?

-          Depende do partido, se o partido o merece viñamos ao Picas.PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

-          Unha pregunta interesada: como vos financiades?

-          Igual cás outras peñas, temos unhas cotas anuais e recibimos unha subvención municipal, por certo, que foi o primeiro ano que nola concederon, porque cando estabamos en Franza non tivemos esa sorte.


 

“PROMOVEMOS UNHA FEDERACIÓN DE PEÑAS MADRIDISTAS DE FERROLTERRA” 

-          Cal é a organización das peñas madridistas? Mantedes vínculos con elas?

-          Estamos en proceso en constituír unha Federación de Peñas Madridistas  da comarca de Ferrol, da que somos promotores. Agora mesmo seriamos unhas sete ou oito peñas: as de Mugardos (Os Mugardeses), As Pontes (Merengues ponteses), Pontedeume (Eumesa), Cariño (Casa Blanca), Ares (O´Betanzeiro), Xubia (As Rodas) (a máis antiga) e Valdoviño (A Frouxeira).

Teño noticias de que na zona de Pontevedra tamén hai unha asociación de peñas locais, pero a nivel galego non existe unha coordinadora.

-          Como é a vosa relación co Real Madrid?

-          Cando necesitamos entradas para un partido determinado, solicitámolas vía fax. Ademais eu son socio compromisario do Real Madrid e sempre temos tamén un desconto. No Real Madrid existe a vantaxe de que co “carné madridista”, (antes obrigaban a que o tivese un 50% dos socios da peña) recibes descontos na tenda madridista e en marcas que patrocinan ao Madrid. Por último, cando organizamos algún acto, contactamos directamente coa Federación de Peñas Madridistas, na que sempre recibimos un trato excelente. Nesta Federación estamos rexistrados co número 919.

 

“SOMOS A PEÑA Nº 919 DO MADRID”

-          Non sei se preguntarche algo que parece obvio: sodes todos “merengues”?PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

-          Enténdese que debemos ser madridistas, de non ser así non lle encontro sentido estar na peña. Somos todos madridistas de pura cepa, merengues. Se hai algún tapado, cousa que non creo, de ser así o ten ben tapado, aplicarémoslle o regulamento. Quero comentar que ao facerse socios entregámoslles unha copia dos estatutos para que coñezan as normas de conduta. Entre nós hai moi bo ambiente

-          Compensa ser socio da peña?  Que vantaxes ten ser da peña?

-          Vouche pór un exemplo: nesta última viaxe a Madrid para ver o Real Madrid-Osasuna, os socios só pagaron a entrada. A viaxe e a comida foilles gratis. Claro está que sempre depende dos fondos que teñamos.Se dispoñemos de fondos sempre se viaxa con todos os gastos pagados.

 -          E co Numancia, mantedes algunha relación co club local? Acudides a ver os partidos do Numancia?

-          Ata este último ano, estando en Franza, a verdade é que non tiñamos moita relación. Agora, unha vez que estamos asentándonos en Ares, temos a intención de colaborar coas distintas sociedades aresás, pero necesitamos tempo.

-          Este sábado ides participar no I Triangular de peñas futbolísticas aresás, organizado polo concello. Que opinades deste acto?

-                     Cando mo propuxeron, aceptamos á primeira. Non ten máis que vantaxas: propaganda gratis para a peña, actividade para a vila, bo para o Numancia, ... Esperamos que se repita noutros anos, e ademais fomenta o deporte. En resumo a nosa valoración é totalmente positiva.

-          Como vos vai coa peña barcelonista?

-                     O trato foi exquisito. Eu mesmo teño grandes amigos que son culés. Hai que entender que a rivalidade só pode ser futbolística.

-          Para este sábado xa sabedes quen van ser os voluntariosos/as que se van vestir de curto para enfrontarse aosPEÑA MADRIDISTA O BETANZEIROdeportivistas” e “culés”?

-          Voume esquecer dalgún pero así de memoria, vouche dar a lista: Rafita, Chemari, Álvaro Rivera, Tomás, Ana Rañales, Iria Roibás, Belén, José Luís Martínez, Chema, Marcos, Iván Vila,...ata un total de 18 que pisarán o céspede de Prados Vellos.

-          E despois ao xantar ao Hostal “Villa de Ares...

-          Aí seremos algúns máis, andaremos polos vinte e cinco.


Na despedida con Juan López, acompañámolo ata o Picas, onde aínda estaban as bandeiras e escudos da peña madridista, e desexámoslle sorte na procura dun novo local onde se instalar. Moitas grazas pola paciencia tida con nós.


Ata aquí esta pequena serie informativa que esperemos servise de presentación das tres peñas futbolísticas domiciliadas en Ares. Seguramente quedarán moitos datos por descubrir pero agardamos que resultase minimamente interesante para todos os afeccionados, peñistas e simpatizantes do fútbol.


Este sábado, 7 de xaneiro, a partir das 12.00 h. comezará en Prados Vellos este I Triangular das Peñas futbolísticas de Ares. Parabéns, en primeiro lugar ao sr. concelleiro de deportes, José Juan Vilar, que foi quen tivo a idea, e tamén a todos os participantes.

 PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

 

PEÑA MADRIDISTA O BETANZEIRO

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.