MERENDA DE ENTROIDO
Orellas, rosquillas e freixós, acompañado todo dun bo chocolate...
Xoves, 5 de marzo de 2009
Aínda que as festas de Entroido xa remataron e comezou a Coresma, as mamás de Ares quixeron premiar o esforzo dos seus nenos e, lideradas por dona Antonia, prepararon unha chea de orellas, rosquillas e freixós, acompañado todo dun bo chocolate. Certamente, unha merenda deliciosa, non só para os nenos, senón tamén para máis dunha mamá/papá que tamén probaron os manxares.
Desde a directiva do Numancia, dámoslles o noso agradecemento a todas aquelas nais que colaboraron, especialmente á señora Antonia, especialista na preparación das orellas e que, ano tras ano, nos vén obsequiando con estes postres.