VI TORNEO INTERNACIONAL A.F.A.C.
BOA IMAXE DO NUMANCIA
Nunha maña de domingo con sol e moita calor nas magníficas instalacións de A Gándara en Ferrol, participaban os equipos prebenxamín e benxamín do Numancia na previa do Torneo Internacional AFAC.
A Gándara 29 de maio de 2011.
O Numancia prebenxamín disputou os seguintes encontros:
NUMANCIA 1 – PERLIO 1
NUMANCIA 1 – ORTIGUEIRA 1
NUMANCIA 0 – RACING SAN PEDRO 4
Non puido o Numancia superar a fase de grupos. Non obstante, fixo un bo papel neste grupo nos que estaban os que a posteriori serían semifinalista o R. San Pedro e finalista o Ortigueira neste Torneo.
En prebenxamíns, conseguiron o pase para o Torneo AFAC de A Coruña o Racing de Ferrol e o Ortigueira. Noraboa.
En canto ó equipo benxamín, disputou ós seguintes encontros:
NUMANCIA 3 – PERLIO 0
NUMANCIA 0 – RACING DE FERROL 4
NUMANCIA 4 – PORTUARIOS 7
Comezaba o Torneo ó Numancia coa súa victoria ante ó Perlío. Posteriormente, un potente Racing que neste Torneo fixo unha selección de xogadores de todos ós seus equipos vencía con claridade ó Numancia. No último encontro, o Portuarios vencía o Numancia nun partido bonito, emocionante e con moitas alternativas no marcador. Non poideron polo tanto os de Ares clasificarse para a seguinte fase tras estos resultados.
En definitiva, para ó Numancia de Ares foi un orgullo poder participar neste Torneo, con algúns equipos cunha estructura e mentalidade totalmente diferente a numantina. Ós nosos xogadores, disfrutaron xogado ó futbol, e iso no Numancia, nestas idades, é o único que realmente importa.
¡¡¡Felicidades CAMPIÓNS pola vosa entrega e polo voso esforzo¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡