REUNIÓNS COAS FAMILIAS
Na reunión da xunta directiva celebrada hoxe decidimos convocar unha serie de reunións coas nais e pais dos nosos xogadores, desde a categoría de biberóns ata a de xuvenís. Consideramos que a estas alturas da temporada resulta conveniente intercambiar opinións e informacións sobre a marcha dos distintos equipos, de maneira que poidamos reflexionar conxuntamente e procurar unha mellora en todos os aspectos posibles
.
Inicialmente, o calendario de reunións quedaría así:
Categoría de biberóns: xoves, 26 de febreiro, ás 17.45 h. no pavillón municipal.
Categoría prebenxamíns e benxamíns: xoves, 19 de febreiro, ás 16.30h., en Prados Vellos.
Categoría alevín: xoves, 19 de febreiro, ás 17.30 h., en Prados Vellos.
Categoría infantil: sábado, 21 de febreiro, ás 18.30h. en Prados Vellos.
Categoría cadete: sábado, 28 de febreiro, ás 18.30 h. en Prados Vellos.
Categoría xuvenil: sábado, 7 de marzo, ás 18.30h. en Prados Vellos..