XORNADA DE CONVIVENCIA CO DEPORTIVO.
QUIQUE FERNÁNDEZ E MANUEL VILASÁNCHEZ IRÁN A UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO R.C.D. DE A CORUÑA.
Boas novas para a canteira numantina, xa que o seu xogador cadete Quique Fernández Ocampo e o xogador xuvenil Manuel Martínez Vilasánchez foron seleccionados para participar co Deportivo nunhas xornadas de convicencia.
Estas xornadas están enmarcadas nun seguimento anual que o Depor fai ós xogadores da canteira por toda Galicia, para posteriormente facer varias quendas de convivencia co permiso dos seus respectivos clubs. Polo tanto, Manu e Quique participarán dende o 3 o 5 de xaneiro nun Torneo en Portugal co R.C.D. de A Coruña ante equipos de primeiro nivel.
Ós partidos a desputar polo Depor neste Torneo de Braga en Portugal son ós seguintes:
LUNS 3 DE XANEIRO
16:00 DEPOR - VICTORIA DE GUIMARAES
MARTES 4 DE XANEIRO
16:30 DEPOR – OPORTO
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
12:00 SEMIFINALES
17:00 3º E 4º POSTO E GRAN FINAL
Neste Torneo participarán tamén o Celta de Vigo, o Sporting de Lisboa e o equipo anfitrión, o Sporting de Braga.
Polo tanto, unha magnífica noticia que foi acollida con gran ledicia por toda a familia numantina. Un gran premio para ó traballo coa canteira neste ano 2010. Felicitar a Quique e a Manu e desexarlles toda a sorte do mundo nesta curta pero seguro que bonita experiencia que vivirán co "DEPOR".
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
PARA VER MAIS INFORMACION RELACIONADA CO TORNEO PICA AQUI