VETERANOS. II PARTIDO DA AMIZADE. G. MUGARDOS, 5 – NUMANCIA, 4.

UNHA VITORIA DE TODOS

Nunha maña cuberta e sen frío a do sábado 3 de xaneiro de 2015 en Mugardos tiña lugar o II Pardido da Amizade entre ex – xogadores do Galicia de Mugardos e do Numancia de Ares….

 


Nesta ocasión o campo de herba artificial de A Pedreira collía o relevo de Prados Vellos acollendo este bonito encontro entre veciños co Galicia de Mugardos como anfitrión.

En canto aos equipos, vimos sobre o campo de A Pedreira a unha mestura de xeracións. Participaron no partido xóvenes de 25-26 anos ata chegar aos mais de 50 do gran porteiro do Galicia de Mugardos, Bastida. Xogadores da época dos 90 mesturaronse con outros mais novos brindando un partido aberto, con moitas goles e sen apenas interrupcións onde a deportividade e o bo ambiente imperou por enriba de todo. Houbo emoción e igualdade no marcador que finalmente decantouse por un gol de diferenza a favor dos locais, aínda que o Numancia tivo a ocasión de empatar o encontro nun penalti errado por Koki. O de menos foi o resultado nun partido no que gañaron todos.

Unha vez rematado ó partido tivo lugar un agapé para os participantes no partido sendo o producto estrela do mesmo o churrasco de “Caco”. Neste acto o director deportivo do Galicia de Mugardos, Manel González agradeceu a colaboración prestada neste encontro polo Colexio de Árbitros de Ferrol representado polo seu secretario Ignacio Martínez neste partido, facendo entrega tamén a D. Rodrigo Serrano colexiado do encontró dun recordo conmemorativo do mesmo. Tamén recibiron agasallos conmemorativos da cita os dous clubs, recollendo o do Numancia o seu directivo “Pepe” e o do Galicia de Mugardos o seu directivo “Caco”.

En resumo, II Partido da Amizade entre Mugardos e Ares que volveu amosar o lado mais bonito do fútbol. Rivalidade dentro do terreo de xogo e convivencia, camaraderia e amizade entre veciños despois dos 90 minutos. ¡¡¡Este é o camiño a seguir por todas as xeneracións aresáns e mugardesas¡¡¡

Agardamos que no vindeiro ano teña lugar o III Partido da Amizade entre Ares e Mugardos para que non se perdan as boas tradicións.

FICHA TECNICA

G. DE MUGARDOS: Bastida, Paco, Mon, José Miguel, Nacho, Joaquín, Adán, Tino, Ruén Seco, Jesús Bollo, Pachi, Peli, Juan Álvarez, José Veiga e Manel.

Adestrador: Manel Pérez.

NUMANCIA: Mahía, Bule, Zeta, Rula, Fran Bardanca, Asman, Oscar, Eloy, Marcos, Carlos, Koki, Peinado, Antonio, Ángel Blanco, Dani, Julio Veiga, Fito, Pedro Machado, Javi Aneiros, Kiko, Beto e Agustín

Adestrador: José Darriba “Cole”.

ARBITRO. Rodrigo Serrano Naveiras. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: ADAN (min. 15), saque de esquina que remata Adán no primeiro pau.

1 - 1: KOKI (min. 17), pase ás costas da defensa local sobre Koki que marca de disparo cruzado.

2 - 1: JESUS BOLLO (min. 36), centro dende a dereita de Juan Álvarez ao segundo pau que remata de cabeza Jesús Bollo libre de marca.

3 - 1: PACHI (min. 45), perda de balón dos de Ares no centro do campo que propicia un pase en longo a banda dereita sobre Pachi, o xogador local en xogada persoal internase na área e bate a Mahía na súa saída.

3 - 2: BULE (min. 50), disparo dende fóra da área de Bule que entra pegada ao pau.

3 - 3: KOKI (min. 60), Koki de penalti.

4 - 3: PACHI (min. 66), falta na frontal da área que saca rápido o Mugardos con apertura a banda dereita sobre Antonio, centro deste á área que remata Pachi a fondo da rede.

5 - 3: ADAN (min. 74), contragolpe do Mugardos por banda dereita que finaliza cun centro á área, o balón queda rifado entre Mahía e Pachi saíndo despexado hacia o punto de penalti dende onde Adan marca a porta baleira.

5 - 4: AGUSTIN (min. 80), internada de Julio Veiga pola esquerda quen centra para a entrada de Beto, disparo deste que dá nun defensor, o balón rexeitado chega á frontal para Agustín que entrando dende atrás marca de disparo raso.





 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.