BIBERONS. R. DE NEDA - NUMANCIA.
NOVA EXPERIENCIA E NOVOS AMIGOS.
Nesta nova xornada de fútbol os nosos biberóns desprazáronse ata o municipal Juan González (Neda) para disputar a 8ª xornada do torneo organizado pola AFACO na súa modalidade de fútbol-8.
Neda 30 de novembro de 2013
Bonito e entretido partido o deputado entre os máis peques do Neda e do Numancia, que coa súa inocencia e as súas ganas entretiveron durante unha hora aun bo e nutrido grupo de afeccionados que os acompañaron cos seus ánimos.
Con este partido dáse por finalizada a primeira fase da liga biberón. A partir da próxima xornada os nosos biberóns refuxiásense do frío inverno nos distintos pavillóns da bisbarra. A pista e o fútbol-6 será a nova modalidade á que se terán que adaptar estes pequenos xenios do balón, modalidade que se prolongará ata o mes de marzo do próximo ano. Mes a partir do cal se retomará de novo a actividade no campo.
Canto dispoñamos do calendario de F-6 publicarémolo na WEB.
Aproveitamos para dar as grazas a Anita polas fotos do partido.