BIBERÓNS. NUMANCIA - X. CABANAS.
BIBERÓNS DE FERRO
Partido correspondente a 7ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do martes no polideportivo municipal de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares 29 de xaneiro de 2013
NUMANCIA: David, Dani, Raúl, Ángel, Rubén, Mario Rañales, Isma, Aketx, Sergio, Mario e Mateo Martínez.
Novo partido de fútbol – 6 para ó Numancia biberón. Nesta ocasión visitaba o pavillón de Ares o Xuventu de Cabanas; un equipo que xogou neste partido con xogadores de último ano. Un conxunto moi forte físicamente ó que o Numancia fíxolle fronte cunhan mestura de xogadores de último e de primeiro ano.
Comezaba o partido cun Cabanas moi superior, aproveitando o susto e a sorpresa dos nenos numantinos nos primeiros minutos. Co paso do tempo, ós numantinos reaccionaron e ofreceron batalla ó seu rival. Incluso no terceiro cuarto do partido podemos dicir que ó Numancia foi mellor que o seu rival. Xa no último tramo do partido, o maior poderío físico dos visitantes para rematar mellor o partido.
En definitiva, bo partido de biberóns entre dous equipos que amosaron ideas futbolísticas distintas e que xa se poden observar dende biberóns. Un dez para ós xogadores numantinos pola súa loita e bo facer neste partido, pese a que en moitos casos estaban en inferioridade de forzas. Tamén un 10 para ós xogadores do X. Cabanas polo seu esforzo e loita neste partido; e agradecemento para todos en xeral por vir a xogar ata Ares nun día por semana. Tamén agradecer a Genete; adestrador do equipo prebenxamín do Numancia pola súa arbitraxe neste encontro.
Sirva tamén este resumo do partido para despedir e desexárlle toda a sorte do mundo a Alex, un dos colaboradores do equipo biberón do Numancia que marcha para Andalucía por motivos laborais. Moitas gracias por todo compañeiro.
O vindeiro partido do Numancia biberón será na fin de semana de Carnaval, 8-9 de xaneiro do pavillón de O Val ante un equipo esixente e de último ano como é o do Val “A”.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALU DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡