BIBERONS. O VAL, 1 - NUMANCIA, 2.
LUCES E SOMBRAS
Partido da 9ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do pasado venres no céspede artificial de O Sinde ante numeroso público.
O Val 25 de maio de 2012.
NUMANCIA: Juan, David, Iker, Xerar, Brais, Aketx, Sergio Feal, Axel. Isma, Dani, Hugo e Sergio Gil.
Despois de finalizar a temporada do fútbol sala, unha modalidade moi apropiada para a etapa biberón, retomaba ó Numancia a temporada do fútbol – 8, unha temporada que deixara apartada dende o mes de decembro por mor do parón “invernal”.
Remotou como dicimos o Numancia biberón a unha modalidade non tan apropiada para ós nenos de 4 – 6 anos, debido as grandes dimensións dos campos de fútbol e a maior importancia das condicións climatolóxicas como a choiva, o sol, ou a calor que poden afectar ós nosos pequenos protagonistas.
Falando do partido, sol radiante e calor abafante o que tiveron que soportar ós protagonistas de O Val e do Numancia que nos ofreceron un partido que transcorreu da seguinte forma:
No primeiro cuarto, tras uns primeiros minutos de tanteo, superioridade numantina que conseguía anotar dous goles neste primeiro envite.
No segundo periodo, continuou a superioridade dos de Ares que venceron neste cuarto sen maiores complicacións.
No terceiro envite, so existiu un equipo no campo, a SD Val. Os nenos numantinos tiveron unha “páxara” neste terceiro envite, quizais por mor do sol e do esforzo realizado nos periodos anteriores. Son nenos, e neste cuarto víronse superados claramente polo conxunto local que conseguiu catro goles por ningún dos numantinos.
No último cuarto, os nenos numantinos recuperaron o pulso do partido. Os locais seguían entonados pero os do Numancia demostraban que volverán ó partido. Como resultado deste último envite tan igualado, tivemos un empate.
Despois deste intenso, sofocante e entretido partido o resultado anécdotico foi de SD Val 1 Numancia de Ares 2.
En definitiva, divertido e bonito espectáculo o que ofreceron os pequenos protagonistas dos dous equipos. Pouco a pouco, irán collendo mellor a medida do campo; e se non o fan pois chegará con que se divirtan. ¡¡¡Son nenos de 4 – 6 anos¡¡¡ ¡¡¡Que disfruten¡¡¡
Agora o Numancia biberón ten un intenso fin de temporada, con mais partidos do Torneo AFACO e con diversos Torneos, o de Neda e a clausura do Torneo AFACO no campo de herba natural en Cabañas.
Novas aventuras, experiencias e oportunidade para ós nosos nenos de seguir aprendendo e sobretodo de seguir disfrutando.
Próxima cita, xoves ás 17:30 en Prados Vellos:
ADR NUMANCIA DE ARES – RÁPIDO DE NEDA
¡¡¡Alí vós agardamos a todos para vivir unha divertida tarde de fútbol biberón¡¡¡ Prométovos que merece moito a pena.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡