BIBERÓNS (F-7): NUMANCIA, 0 – G. CARANZA, 4
Sábado, 14 de marzo de 2009
César.
ALINEACIÓN: Raúl Nogueras; Xan Garabana; Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Cristina Fernández; Lucas Arias, Pablo Cernada; Martín Cepeda,
COMENTARIO: Na xornada 5, o Numancia de Ares, enfrontábase co Galicia de Caranza, nunha boa maña.
Ao comezo do partido, o Numancia de Ares estivo ben plantado no campo, con algunhas xogadas ben executadas, pero non tivo remate, e cando chegábamos ao final desta parte o Galicia logrou marcar e levarse o primeiro punto en xogo.
Logo , no segundo e no terceiro, foron completamente para os locais, que se levaron outros dous puntos con autoridade, mais no último tempo, os aresáns voltaron xogar ben e ata o final, o Caranza non logrou marcar, e xa que o Numancia perdonou algunha oportunidade, o Galicia, con máis efectividade, alzouse co partido.
Ao final saúdos e sorrisos entre os/as participantes e a descansar a fin de semana...