Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. G. MUGARDOS, 1 - NUMANCIA, 3
 
 

BIBERÓNS. G. MUGARDOS, 1 - NUMANCIA, 3

PRIMEIRO DERBI PARA OS BIBERÓNS

Partido disputado na mañá do sábado nas magníficas instalacións da Pedreira entre os equipos biberóns do Galicia de Mugardos e o Numancia de Ares con motivo da 5ª xornada do Torneo AFACO de fútbol – 8.
 
NUMANCIA: Juan, Isma, Ángel, David, Sergio Feal, Brais, Xerar, Axel, Dani, Lucas, Aketza, Hugo e Sergio Gil.
 
Nunha mañá de sábado con sol e temperatura moi agradable celebrábanse nas instalacións de A Pedreira dous partidos de fútbol biberón. Ás 11:00 xogaban o Galicia de Mugardos “B” e o Xuventude de Cabanas e ás 12:00 entraban en escena o Galicia de Mugardos e o noso equipo, o Numancia de Ares. Moita expectación nesta mañá de sábado, moitos familiares vendo a inocencia do fútbol, desfrutando do que según dicían varios espectadores era “o máis bonito do mundo”
 
Comezaba o derbi cos dous equipos con moito ímpetu, disputando cada balón como se fora o último. Pouco a pouco, os numantinos foron impoñendo a maior experiencia dalgúns dos seus xogadores, o que lles valeu para levarse o primeiro cuarto do partido.
 
Na segundo envite, o Numancia seguiu forte aínda que centrándose máis en combinar, xogar en equipo e desfrutar do fútbol que en marcar goles. Iso fixo que o Numancia non se levara con claridade o segundo cuarto; aínda que saíron moito máis satisfeitos que no primeiro debido ao xogo efectuado.
 
No terceiro cuarto, os numantinos baixaron o pistón; iso aproveitarono os mugardeses para chegar con frecuencua á portería numantina e conseguir un gol que lles valía para levarse o terceiro envite.
 
No último cuarto, o Numancia colleu de novo o timón do encontro, encarrilando rapidamente a súa anecdótica vitoria neste partido. Destacar que o Numancia terminou os ultimos minutos do partido coa totalidade dos xogadores de primeiro ano no campo. 
 
Vitoria para o Numancia por 1-3 neste primeiro derbi da tempada. Como dicimos sempre, os resultados nesta categoría son totalmente anecdóticos. Hoxe vivimos outra festa do fútbol biberón. No Numancia imos vendo, como di unha boa observadora, que os máis pequenos “van saíndo do cascarón”, namentres os máis veteranos aprenden a compartir o balón e xogar máis en equipo, sen “abusar” tanto nos partidos do balón e dos contrarios. Nesta categoría do que se trata é de desfrutar e tamén de deixar desfrutar. Se algún dos nenos participantes nos encontros non o pasa ben, é que algo falla, polo tanto é labor de todos que os nenos desfruten o máximo posible nos partidos. 
 
Toca polo tanto, seguir desfrutando da ledicia, ilusión e emoción que trasmiten os nenos. Unha emoción que ás veces traspasa fronteiras, pasando tamén aos pais que ás veces viven en exceso os partidos co risco de prexudicar aos propios nenos. Pensemos todos, que os nenos ofrecen ledicia, ilusión, fútbol e emocións sen pedir nada a cambio. O mínimo que podemos ofrecerlles é cariño, comprensión, moito ánimo... e respecto e liberdade nas súas accións, sen presionalos nin facer que se volvan tolos.


Polo tanto, logo deste sermón, ímos a seguir desfrutando deste extraordinario torneo AFACO. Ó próximo sábado as 11:30 en Prados Vellos terá lugar, se o tempo o permite o penúltimo encontro da primeira volta entre ó Numancia e o Xuventude de Cabañas. Un partido que promete ser emotivo e con moitas sorpresas. ¡¡¡Esperemos que ó tempo... e o saber estar acompañen¡¡¡ ¡¡¡Non faltedes¡¡
 
 
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.