BIBERÓNS: NUMANCIA, 1 – GALICIA CARANZA, 3
Sábado, 28 de febreiro de 2009
César.
ALINEACIÓN: Raúl Nogueras; Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Cris Fernández, Samu Fernández, Raúl Maceira, Martín Cepeda, Jaime Sánchez, Sergio Pena
GOLES: Migui (2), Raúl Nogueras (1) e Samu (1).
COMENTARIO: Na tarde do sábado, xogaban o Numancia, como local, e o Galicia de Caranza B, no campo de Caranza, e rápidamente adiantouse por dúas veces o Galicia, antes de que Migui puidese recortar distancias, mais de pouco serviu pois un novo gol dos visitantes fixo que o primeiro punto fora para o Galicia.
No segundo tempo, novamente se adiantou o Caranza, e de novo Migui logrou empatar, pero outros 3 goles do Caranza, levaron un 0-2 ao descanso a favor do Caranza.
Mais no 3º tempo con goles de Raúl Nogueras e Samu, o Numancia logrou recortar distancia e xogarse o empate no último cuarto, pero o Galicia gañou este último tempo con moita claridade, e levouse o partido cun resultado final de 1-3.
A destacar no Numancia as gañas e o ben que o pasan nos partidos os rapaces/zas...o final, nun campo cheo de pais e nais de ambos equipos que non deixaron de animar os seus durante todo o encontro, todos/as os xogadores/as déronse a man amigablemente, falaron entre eles, e marcharon contentos/as tras o partido.
INCIDENCIAS:Ceo nublado, e un pouco de frío acompañounos nesta xornada do Campionato.