AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - G. MUGARDOS B

SAQUE DE HONOR DAS PROMESAS FEMININAS DO CLUB DE REMO DE ARES,  CAMPIOAS DE ESPAÑA DE BATEIS.
Juan Alberto, adestrador do Numancia, valora o derbi.
Ares, 30 de abril de 2010
Nos prolegómenos do derbi local Numancia – G. Mugardos B, a SDR NUMANCIA renderá unha pequena homenaxe ás nenas aresás, en recoñecemento aos seus brillantes triunfos. Sairán ao centro do campo e realizarán o saque de honor. Desde aquí solicitamos o apoio e os aplausos dos afeccionados que asistan ao partido para estas campionísimas.
Para comentar o partido entre o Numancia e o Mugardos B, despois do último adestramento da semana, conversamos brevemente con Juan Alberto:
- Juan, como está o equipo agora mesmo?
- Non atravesamos un momento demasiado brillante, ademais agora estamos tanteando para a copa, dando minutos a aqueles xogadores que tiveron menos participación durante a temporada, a ver se llo poñen complicado aos titulares.
- E como ves o derbi de mañá?
- Quizás un pouco descafeinado. Os dous equipos van acabar a temporada lonxe das pretensións iniciais. Nós, partiamos coa ilusión de acadar o título; e o Mugardos B, despois dun bo inicio na primeira volta, agora están abaixo e decepcionados. Aínda así, mañá apárcase todo e estou seguro de que veremos un partido emocionante. Por suposto, esperamos unha vitoria, aínda que recoñezo que nos costa sacar adiante os partidos da casa polo que temos unha débeda coa afección pois nos partidos de Prados Vellos non xogamos ben e tampouco conseguimos os puntos que deberiamos.
- Por último, Juan, cal é a convocatoria?
- Temos dous xogadores lesionados: Borja sufriu onte un tirón muscular e Teti xa leva varias semanas cunha lesión de xeonllo preocupante. Ademais, Kiko está de viaxe. Por tanto, os xogadores citados para mañá son estes:
Porteiro: Sergio.
Defensas: Jauma, Antón, Pedro, Costa, Bule e Vicente.
Medios: García, Dani, Oli, Rubén.
Dianteiros: Julio, Manu, Jose, Carlitos e Javi.

Pois, aínda que os tres puntos non son necesarios, seguro que a rivalidade motivará aos xogadores dos dous equipos e poderemos ver un bo partido.

Lembremos que a tarde comezará cun partido de xuvenís moi interesante entre o Numancia e o Eume, no que os eumeses quererán consolidar o liderato nesta liga local.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.